venres, 22 de marzo de 2024

Aniversario de Ana


 

Para a despedir o trimestre, hoxe a nosa compañeira Ana para festexar o seu sexto aniversario convidounos a unha merenda deliciosa! Moitas gracias Ana e a disfrutalos!

DÍA DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS!!

 

Hoxe os nenos do cole de Castrelo asistimos a unha actividade diferente para rematar o trimestre. Dende a ANPA enviáronnos a Sergio e Carmen para facernos unha mañá moi divertida!
GRAZAS  ANPA!!








xoves, 21 de marzo de 2024

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe é o Día Mundia do Síndrome de Down, no cole de Castrelo, unímonos á iniciativa de lucir calcetíns diferentes para apoiar así a diversidade.



Pero na clase de 3 e 4 anos, fomos máis alá, temos a sorte de compartir clase con Leo, o rei dos cromosomas!! Hoxe aprendemos un poquiño máis sobre este tema, vimos o seguinte vídeo, e entendemos mellor a Leo

Agora sabemos que o Síndrome de Down non é unha enfermidade e tamén porqué Leo, como moitos outros nenos, ten Síndrome de Down. Xa sabemos algo máis dos cromosomas, porque vimos o seguinte cromocuento


Ademáis aprendemos a facer parellas con cromosomas (lacasitos) e no par 21, colocamos 3 en lugar de 2!


Pintamos calcetíns diferentes para decorar a nosa porta!


E fixemos unhas medallas de campións para celebrar que TODOS SOMOS ÚNICOS E FELIZMENTE DIFERENTES!!

 





martes, 19 de marzo de 2024

FELICIDADES PAPÁS!!

 Hoxe é un día especial, é o día dos papás! Os pequenos de Castrelo levamos preparando o noso agasallo dende fai moitos días... e por fin hoxe levámolos con moito cariño para darlle aos nosos papis. Moitísimas felicidades a todos os papás, en especial aos nosos, aos papás dos pequenos de Castrelo! 


sábado, 16 de marzo de 2024

VISITAMOS O ECOAGRO

 

   Onte os nenos do cole de Castrelo visitamos o Ecoagro, unha saída na que sempre aprendemos moito e que xa se vai convertebdo en algo habitual ao aproximarse a primavera. Fomos todo o cole, no primeiro turno, os nenos de infantil e primeiro de primaria e despois o resto.Tivemos a oportunidade de ver diferentes plantas de horta, xardín, árbores frutais e escollemos cada un unha plantiña e plantámola nunha maceta para dentro dun tempo poder tranplantala ao noso horto. Moitísimas grazas a Laura e Lucía pola vosa paciencia e todas as explicacións.

ecoagro 2024 - Kizoa Movie Maker

xoves, 14 de marzo de 2024

venres, 8 de marzo de 2024

8M: SOMOS MÁIS CA UNHA BONITA FIGURA

 


Hoxe conmemoramos o Día da Muller, escollendo a 7 mulleres galegas moi significativas, unha por cada clase. Con todas elas decoramos unha figura  feminina. Tendo moi claro que todas somos máis ca unha bonita figura. 
Ademáis aproveitando que estamos traballando a familia os máis pequenos fixeron un retrato precioso das mulleres máis importantes da súa vida!