luns, 24 de xuño de 2024

RESUMO CURSO 23-24 (3 E 4 ANOS)


Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematan un curso emocionante e no que aprenderon, xogaron e compartiron xuntos centos de aventuras, que podedes ver condensadas neste vídeo. Feliz verán pequen@s!!


sábado, 22 de xuño de 2024

FESTA DE FIN DE CURSO!!

 

Onte despedimos o curso 23-24 cunha gran festa no parque do Terrón!! Mirade que ben o pasamos os pequn@s de Castrelo!!




xoves, 20 de xuño de 2024

GRADUACIÓNS 2024!!

 Onte os maiores de infantil graduámonos no Auditorio xunto cos nenos de 6º de primaria.

Remata para nós unha das etapas máis bonitas e emocionantes das nosas vidas, tres anos desde que chegamos ao cole de maiores, tres anos que a nosa profe resumiu no seguinte vídeo

Nós tamén quixemos deixar un bonito recordo desta etapa e coa axuda dos nosos profes gravamos a seguinte canción que onte bailamos sobre o escenario

Aquí vos deixamos un vídeo resume en imaxes do que foi a emotiva da tarde-noite de onte








martes, 18 de xuño de 2024

PARABÉNS PAULA F., LEO, CARLOTA E ADRIÁN!!

 

Hoxe, na clase de 3 e 4 anos  festexamos os aniversarios  dos nenos que cumpren durante o verán!!

PARABÉNS PAULA F., LEO, CARLOTA E ADRIÁN!!



luns, 17 de xuño de 2024

CONTACONTOS INFANTIL


 Para comezar aúltima semana de cole, hoxe os nen@s de infantil asistimos a unha sesión de contacontos a cargo de Sabela Gago. Pasámolo xenial!!










xoves, 13 de xuño de 2024

PARABÉNS MATEO!!

 Hoxe na clase de 5 anos festexamos o aniversario de Mateo, que xa ten 6 anos, que maior!! PARABÉNS MATEO!!



martes, 11 de xuño de 2024

RECOLLEMOS AS LEITUGAS!


Na clase de 3 e 4 anos gústanos moito andar no horto, a semana pasada recollemos algúns amorodos e regamos e onte recollemos as leitugas para comer hoxe no comedor. Estaban máis ricas que nunca!!


domingo, 9 de xuño de 2024

CICLO DE VIDA DOS VERMES DA SEDA

 

Fai un mes que na clase de 3 e 4 anos escoitamos o conto de Curtis "QUIERO UNA MARIPOSA", e comezamos a investigar sobre o ciclo de vida das bolboretas. A profe trouxo a clase un oviños diminutos dos que ao pasar uns días comezaron a sair uns pequenos vermes oscuros que tiñamos que ver a través da lente binocular, tivemos moitísmo coidado con eles, fomos alimentándoos e coidándoos cada día. Comían moito, moitísimo, engordaron moito moito e despois de moito pensalo, decidimos repartilos polas clases para que todos os nosos amigos do cole puidesen ver a transformación. Agora os nosos vermes repoludos xa comezaron a tecer a seda e a maioría xa están metidiños no seu casulo...e anós soamente nos queda ter paciencia e agardar a que deses casulos poidamos ver sair as bolboretas!!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes...