O primeiro conto de Turi titúlase : "Un dragón na barriga" e aos nen@s de cinco anos gustounos moito, nel o sabio Uxío dalle unhas sementes a Turi e sorpresa!!! Desas sementes saen flocos de millo.
Comprobamos que de certo das sementes saen flocos de millo, aínda que nós sempre lle chamamos palomitas e a teacher Bea ensinounos que en inglés lle chaman popcorn!!
Aprendemos moito, pasámolo xenial e os flocos de millo encántannos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario