venres, 20 de xuño de 2025

FESTA DE FIN DE CURSO!!

Hoxe os Pequen@s de Castrelo desfrutamos en grande do noso último día de curso: colchoneta, espuma, tirolina, parque, auga, calor, pizza, xeados.... Foi un día moi especial para festexar o fin do curso 24-25. Desfrutade do verán pequen@s!! 


xoves, 19 de xuño de 2025

GRADUADOS 2025

 

Onte vivimos unha tardiña moi especial, a graduación dos nenos e nenas de 5 anos. Despois de 3 anos en infantil, en setembro inician a primaria.

Eric, Paloma, Leo, Adrián e María, xa pecharon unha das etapas máis bonitas e coloridas das súas vidas, que as profes intentamos resumir no seguinte vídeo, cheo de recordos e momentos especiais:

Eles dixeronlles adeus a infantil dunha forma moi divertida, na que contaron coa axuda dos que foron os seus compañeiros durante os dous últimos anos, aquí tedes o resultado, MAMMA MÍA, marchan a primaria!!







PARABÉNS PAULA, LEO , ADRI E CARLOTA!!

Hoxe na clase de 4 e 5 anos festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumplirán durante o verán!! Parabéns chicos!!


 

mércores, 18 de xuño de 2025

Parabéns Nahia!!

 


Hoxe celebramos o aniversario de Nahia, que aínda que cumple no verán quixo obsequiarnos cuns chocolates para merendar. Moitas gracias Nahia e moitos parabéns!!

venres, 13 de xuño de 2025

CONTACONTOS CON CARMEN PENIM

 Hoxe os pequen@s de Castrelo, xunto cos nosos compañeiros de 1º, 2º e 3º de primaria,  divertímonos coas historias da Fraga de Psacorrendo, de Carmen Penim. Unha actividade progaramada pola ANPA do noso centro. Pasámolo xenial!



martes, 3 de xuño de 2025

Contacontos con Sabela Gago




 Hoxe as nenas e os nenos de Infantil tamén tivemos a sorte de ter unha contactontos con nós! 

A marabillosa Sabela Gago compartiu a historia de un neno chamado Martín coa que non paramos de rir e cantar! Moitas grazas Sabela!!





TRABALLAMOS NO HORTO

Os pequenos de Castrelo estamos moi implicados no horto. Fai unhas semanas, na clase de 4 e 5 anos, fixemos uns espantallos para as fresas,xa que aos paxaros gústanlle tanto coma nós. Hoxe todos os nenos de infantil, arrincamos as malas herbas , regamos e recollemos as primeiras leitugas, que xa comemos hoxe no comedor! estaban boísimas!  


PREPARANDONOS PARA A GRADUACIÓN!

Os compañeiros de 5 anos, comezan o seu último mes en infantil! Para ir ambientandonos para a graduación, xa comezamos a decorar o cole coas súas estrelas!