Hoxe, na clase de 4 e 5 estamos de celebración, agora todos os maiores xa temos 5 anos!!
PARABÉNS PAULA!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Hoxe, na clase de 4 e 5 estamos de celebración, agora todos os maiores xa temos 5 anos!!
PARABÉNS PAULA!!
As nenas e os nenos de Infantil, xunto coa colaboración das súas familias, realizaron unhas fermosísimas postais de Nadal para enviarlle á Asociación contra o Cancro, e así mandar unha chea de agarimos aos que máis o precisan!
Moitas grazas familias pola vosa participación!
Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, polo que todo o cole estivemos a profudizar sobre que é a discapacidade e como todos somos capaces e bos en algún aspecto da nosa vida, e como hai outras cousas que nos son un pouco complicadas e nos costan máis...
Por eso, entre todos os nenos e nenas de cada clase de infantil fixemos un dominó, onde puxemos os nosos puntos fortes e débiles... e vimos quen nos pode botar unha man e a quen podemos axudar nós, facendo un súper equipo!!
Na clase de 4 e 5 anos seguimos cos inventos, onte estivemos investigando sobre un que nos chamou moito a atención: as gafas de relidade virtual, grazas a elas tivemos a oportunidade de pasear por o Parque Güell de Barcelona e mirar con detalle o dragón de Gaudí sobre o que estivemos traballando neste trimestre.
A infantil chegou un novo recurso que nos ten fascinados: a mesa de luz! Non nos puidemos resistir e comezamos xa a usala aproveitando para traballar as letras que estamos aprendendo (i e u minúscula os de 4 e A, E, O e U maiúscula os de 3)!
Pola tarde xuntámonos co resto de clases do cole para unir as pezas do noso puzzle e escoitar as palabras que nos leron dúas compañeiras de sexto de primaria.