Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO: OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

 O pasado sábado foi o día do libro, no cole de Castrelo, decidimos conmemorar esta data tan importante escollendo o libro/conto preferido de cada unha das aulas e replicando a súa portada con diferentes técnicas plásticas. Aquí tedes os contos preferidos dos nen@s de infantil


3 ANOS: O conto preferido dos nen@s de 3 anos é : "Monstruo Rosa", de Olga de Dios. Editorial Apila





4 ANOS: Os nen@s de 4 anos escolleron un conto que lles encanta e que sempre contamos en galego ou castelán, polo que esta vez traballámolo en inglés, coa axuda da teacher: "The very hungry caterpillar". de Eric Carlé. Editorial Kokinos.

 

5 ANOS: Na clase de 5 anos escolleron o conto: " O peixe arco da vella" de Marcus Pfister. Editorial Kalandraka.








venres, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe é o día do libro e para conmemorar esta data @s pequen@s de Castrelo estivemos escoitando un montón de contos cada hora. E vimos todas as montaxes de contos que fixeron os nosos compañeiros de primaria (podedes velas en educastrelo.com ) Encántannos os contos! Por iso fixemos estes marcapáxinas cos nosos peciños para pedirlles aos nosos papás e mamás que nos conten un conto.



xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO!!


Hoxe para festexar o día do libro @s pequen@s de Castrelo queremos ensinarvos os nosos contos preferidos. Feliz día do libro! Grazas ás familias d@s nos@s pequen@s, por colaborar en todo o que lles pedimos,coa vosa axuda todo é máis fácil!!
DIA DO LIBRO 2020 from ceipcastrelodoval on Vimeo.

martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO!!

Hoxe é o día do libro, e no noso cole festexámolo ao grande... @s nos@s compañeir@s de primeiro e segundo de primaria, representaron o conto "A Cebra Camila" para todo o cole e fixérono xenial. Moitas grazas compis, sodes uns artistas!!

Gustounos tanto que ao chegar á clase fixemos uns debuxos preciosos!




luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Esta tarde no noso cole celebramos o día do libro con diferentes actos: primeiro abrimos con moitisíma ilusión a caixa que nos mandaron os nos@s amig@s de Oímbra, encantáronnos os seus marcapáxinas sobre a música. Moitas grazas compis, agardamos que os nosos tamén vos gustaran!!
Despois pegamos na biblioteca os carteis que fixeron @s nen@s máis maiores do cole, quedaron moi chulos!!
E por último, rematamos o mural conmemorativo no que levamos traballando dende a semana pasada, ten algo de cada un dos nen@s do cole, porque todos colaboramos e quedounos precioso!!
Aquí vos deixamos un resumo do noso día do libro