Amosando publicacións coa etiqueta pau de chuvia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pau de chuvia. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de abril de 2019

OS NOSOS PAUS DE CHUVIA


Despois de moito traballo, por fin rematamos os nosos paus de chuvia.
Clavámoslle os palillos, metésmoslle lentellas, pechamos, pintamos e decoramos.
O venres xa os probamos e polo visto funcionan e todo, porque dende entón non parou de chover!

martes, 26 de marzo de 2019

PAU DE CHUVIA

Seguimos traballando no noso proxecto sobre os indios, esta fin de semna investigamos coa axuda das nosas familias que era un pau de chuvia, para que se usaba e de que estaba feito...
Hoxe Aarón trouxonos ao cole un pau de chuvia precioso. Moitísimas grazas pola vosa colaboración familia!