Amosando publicacións coa etiqueta semana de entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta semana de entroido. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de febreiro de 2025

COMEZAN AS MANDAS DE AMANDA!

 



Seguimos co Entroido! 

Hoxe luns, comezaron as ordes de "Amanda a que manda" quen nos dixo que hoxe tocaba levar algo na cabeza... e como na clase dos maiores non paramos de estudar, e as nenas e os nenos de 4 anos están a investigar sobre o antigo Exipto, na clase de 4 e 5 fixemos unhas diademas exipcias!!

Quedaron chulísimas!


Recordade que mañá, ademáis de algo aentroideiro na cabeza tamén debedes levar algo entroideiro nos pés!!!

mércores, 7 de febreiro de 2024

SEMANA DE ENTROIDO: MÉRCORES, ALGO NA CABEZA!!

 Hoxe rematamos as mandas con algo entroideiro na cabeza, que sumado ao dos días anteriores fixo que estivesemos así de guapos!!


Mañá remataremos a semana con disfrace libre, xa que por mor do tempo, aplazamos o desfile infantil ata o vindeiro xoves.




luns, 5 de febreiro de 2024

SEMANA DE ENTROIDO : LUNS, ALGO ENTROIDEIRO NOS PÉS!!

 Así de guapos viñemos hoxe os nenos de infantil, cos nosos pés e pernas moi decorados!



 

Recordade: mañá ademáis dos pés, decoramos o tronco!!



mércores, 15 de febreiro de 2023

martes, 14 de febreiro de 2023

SEMANA DE ENTROIDO: MARTES ALGO ENTROIDEIRO NO TRONCO!!

 Hoxe seguimos sumando: aos pés entroideiros de onte sumámoslle o tronco e así de entroideiros viñemos @s nen@s de infantil!

 E recordade que Amanda , a que moito manda, dinos que mañá sumemos algo entroideiro na cabeza!!


luns, 13 de febreiro de 2023

SEMANA DE ENTROIDO!! LUNS: ALGO ENTROIDEIRO NO PÉS


 Xa levamos moito tempo traballando e disfrutando o entroido, pero hoxe, comezamos a semana grande!!

E seguindo as mandas de Amanda, que moito manda, hoxe viñemos con algo entroideiro nos pés

Mirade que guap@s!!



 E recordade: mañá ademáis dos pés, algo entroideiro no tronco tamén!!


xoves, 24 de febreiro de 2022

SEMANA DE ENTROIDO: XOVES DE COMADRES!!

 Hoxe, xoves de comadres, seguimos sumando cousas ao noso atuendo, hoxe tocou algo na cabeza e así de guap@s aparecemos pola mañá

3 ANOS

4 ANOS 

5 ANOS


Hoxe festexamos o xoves de comadres, fixemos unha comadre en cada unha das aulas, aquí as tedes: Pepa (3 anos), Cándida (4 anos) e Mariña (5 anos). 

Pasámolo xenial facendoas e inda mellor rompéndoas e queimándoas, inda que novamente os nenos de 5 anos indultaron a Mariña e non a quixeron queimar. En 3 e 4 pasárono en grande rompendoa e vendo como ardía. Mirade que ben o pasamos!!



luns, 8 de febreiro de 2021

SEMANA DE ENTROIDO: LUNS CON BATA DE CASA!!

 @s pequen@s de Castrelo temos moitas ganas de entroido!!  Por eso hoxe e cumprindo as mandas de Amanda, tod@s puxemos a bata de casa, mirade que guap@s estamos!




venres, 21 de febreiro de 2020

E HOXE SEGUIU A FESTA!!


No cole de Castrelo somos moi festeiros e despois do desfile de onte, hoxe seguimos de festa!!... e vaia día de festa! Pola mañá corremos cos compadres e as comadres e pola tarde papamos filloas e tarta de obleas que nos fixeron os profes e  orellas de entroido que nos mandou a mamá de Icía, moitas grazas Cecilia ... e todo isto disfrazados coas nosas mellores galas!
Mirade que venres de entroido máis divertido!

mércores, 19 de febreiro de 2020

martes, 18 de febreiro de 2020

mércores, 27 de febreiro de 2019

FILLOAS DE ENTROIDO!!

@s pequen@s de Castrelo seguimos coa nosa semana entroideira!! Hoxe estivemos de cociñeir@s, facendo un postre típico de entroido: filloas. Esta vez contamos coa colaboración dos nosos compis de primeiro e segundo de primaria Qué ricas estaban!!

martes, 26 de febreiro de 2019

CIGARRÓNS E PANTALLAS

@s pequen@s de Castrelo seguimos entroidando e tendo unha profe da zona de Xinzo e outra de Verín non podía ser menos... Hoxe vimos de cerca os traxes de cigarrón e pantalla: Sofía vestiu o seu traxe de cigarrón e a profe Mary trouxo o traxe de pantalla da súa filla para que o probaramos e viramos as diferencias co noso cigarrón. Foi un día moi divertido e entroideiro... Mirade que ben o pasamos Rematamos o traballo cunha ficha

MARTES: PLUMA E COLAR

Hoxe martes, o Gran Xefe Indio mandou pluma na cabeza e colar, e así de guap@s viñemos @s nen@s de infantil


luns, 25 de febreiro de 2019