venres, 20 de decembro de 2019

REGALOS DE PAPÁ NOEL E CHOCOLATADA!!

Esta mañá ao chegar ao cole levamos unha sorpresa...

Papá Noel enviounos un saco cargado de regalos para todos os nenos do cole!!

Puxémonos mooi contentos!



Despois, para rematar ben o trimestre e o ano tomamos un rico chocolate con churros














xoves, 19 de decembro de 2019

GALLETAS DE NADAL!!

Hoxe foi un día moi inteeeensooo... Pola mañá actuamos no auditorio... e como as profes estaban tan atareadas non tiveron tempo nin de sacarnos unha foto, pero xa sabemos que nos fostes ver e agardamos que vos gustara a nosa actuación. Pola tarde, despois da comida navideña, aproveitamos para facer un taller de galletas de nadal todos xuntos no comedor... Pasámolo xenial e merendamos unhas ricas galletas!!

mércores, 11 de decembro de 2019

POSTAIS NADAL 4 E 5 ANOS

Onte xa vos ensinamos as postais da clase de 3 anos, hoxe presentámosvos as de 4 e 5 anos. Mirade que bonitas lles queadron!!

martes, 10 de decembro de 2019

POSTAIS DE NADAL DA CLASE DE 3 ANOS

Deixámosvos un vídeo coas postais feitas polas familias de 3 anos. Este ano as postais de Nadal feitas polas familias de todo o cole entregarémolas nunha residencia de maiores, seguro que lles encantan!! Mirade que bonitas son! Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!!

luns, 9 de decembro de 2019

ÁRBORE DE NADAL DE 3 ANOS!!

@s nen@s de tres anos decoramos unha abeto de nadal coa axuda das nosas familias, no cole xuntámolos todos e fixemos esta preciosa árbore de nadal. Quedounos preciosa! Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración unha vez máis!

PARABÉNS IREA!!

Hoxe Irea cumpriu 5 anos e para celebralo convidounos a unhas riquísimas rosquillas que fixo coa súa avoa!!PARABÉNS IREA!!



martes, 3 de decembro de 2019

3 DE DECEMBRO:DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Hoxe conmemóramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso cole un motivo de festa!
Como xa sabedes vimos a curta " Cuerdas", que nos encantou, agardamos que a vós tamén vos gustara.
Despois pintamos un paraugas


Cos  paraugas de tod@s fixemos un mural , así chulo!


Porque no cole de Castrelo estamos tod@s baixo o mesmo paraugas!!




ALGO MOI ESPECIAL!!

No CEIP Plurilingüe de Castrlo do Val estamos visionando unha curta moi especial e queremos compartila con vós... a ver que vos parece...


Mirádea con calma... e máis tarde seguimosvos contando... 
Porque supoñemos que sabedes  qué día conmemoramos hoxe, verdade??

VISITAMOS O FESTIVAL DE CURTAS VÍA XIV

Esta mañá @s nen@s  do CEIP Plurilingüe de Castrelo do Val visitamos o festival de curtas Vía XIV no Auditorio municipal de Verín. Foi unha mañá de cine!!