mércores, 29 de novembro de 2023

PREPARANDO O NADAL!


Na clase de 3 e 4 anos estamos moi ilusionados preparando o Nadal, son días de enasaios, mensaxes de Papá Noel e manualidades para decorar o noso cole...




venres, 24 de novembro de 2023

EDUCACIÓN INFANTIL: 25 N

 Os máis pequenos de Castrelo non tiñamos moi claro que era a violencia, pero sí temos claro as cousas que nos gustan e as que non. Todos coincidimos en que nos encantan as caricias, os bicos, as cóxegas e as palabras bonitas e non nos gusta nada que nos peguen, que nos berren, que nos empurren ou nos insulten. Por iso hoxe, para conmemorar o 25 N, fixemos bolboretas violetas coas pegadas das nosas mans, unhas mans ás que lle gusta acariñar.





 

 

luns, 20 de novembro de 2023

venres, 17 de novembro de 2023

MAGOSTO 2023 - EDUCACIÓN INFANTIL

 

Hoxe os pequenos de Castrelo, xunto co resto do cole e os máis pequechos da Casa Niño de Pepín, festexamos o Magosto no Parque do Terrón. Foi a primeira gran saída deste curso e pasámolo xenial. O día acompañounos para poder disfrutar do parque, da tirolina e das castañas!! Portámonos xenial e divertímonos moitísimo, como podedes ver no seguinte vídeo. 



PARABÉNS VERA!!

 Hoxe foi un día moi especial na clase de 3 e 4 anos, antes de marchar a celebrar o magosto xa celebramos na clase o cumple da nosa amiga Vera, que quixo invitarnos a merendar para festexar os seus 3 aniños! PARABÉNS VERA!!



martes, 14 de novembro de 2023

DIA MUNDIAL DA DIABETES

 

Hoxe celébrase o día mundial da diabetes, aos pequenos de Castrelo esa palabra soábanos moi rara, pero hoxe a nosa amiga Xiana explicounos, cun conto,  de qué se trata. Agora xa entendemos por que Xiana anda sempre co móbil colgado e come un chisquiño diferente a nós. Ademáis explicounos a diferencia entre diabetes tipo I e tipo II e descubrimos que ten un sensor máxico no seu brazo que a avisa cando se vai atopar mal.

Grazas Xiana, fixéchelo xenial!! Eres unha campioa!!