Hoxe para festexar o día do libro, os compañeiros da clase de 4º de primaria contaron contos ao aire libre nos diferentes grupos. Aos pequenos de Castrelo tounos o conto de "Cocorico", contado por Marcos e Valentina, que o fixeron xenial
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
martes, 23 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO
luns, 22 de abril de 2024
PARABÉNS ARIA!!
Comezamos a semana festexando o aniversario da nosa amiga Aria, que aínda que cumpriu o fin de semana, quixo celebralo hoxe con nós, convidándonos a merendar.
PARABÉNS ARIA!!
mércores, 17 de abril de 2024
CHARLA RECICLAXE
martes, 16 de abril de 2024
PLANTAMOS NO HORTO
mércores, 10 de abril de 2024
PARABÉNS MARÍA FERNANDA!!
venres, 5 de abril de 2024
PARABÉNS ERIC!!
Hoxe rematamos a semana igual que a comezamos, festexando!! O noso amigo Eric cumpriu hoxe 5 anos e convidounos a merendar!! PARABÉNS ERIC!!
martes, 2 de abril de 2024
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Hoxe conmemórase o día mundial do autismo e dende infantil sumámonos a iniciativa de adornar o símbolo do infinito xa que é un dos símbolos que representa o autismo.
Ademais, vimos un conto para entender un pouco mellor a un dos nosos compañeiros e posteriormente fixemos un puzzle de corazón aportando cada un unha peza diferente, xa que todos somos iguais pero á vez diferentes e únicos!
venres, 22 de marzo de 2024
Aniversario de Ana
Para a despedir o trimestre, hoxe a nosa compañeira Ana para festexar o seu sexto aniversario convidounos a unha merenda deliciosa! Moitas gracias Ana e a disfrutalos!
DÍA DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS!!
xoves, 21 de marzo de 2024
DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Hoxe é o Día Mundia do Síndrome de Down, no cole de Castrelo, unímonos á iniciativa de lucir calcetíns diferentes para apoiar así a diversidade.
martes, 19 de marzo de 2024
FELICIDADES PAPÁS!!
Hoxe é un día especial, é o día dos papás! Os pequenos de Castrelo levamos preparando o noso agasallo dende fai moitos días... e por fin hoxe levámolos con moito cariño para darlle aos nosos papis. Moitísimas felicidades a todos os papás, en especial aos nosos, aos papás dos pequenos de Castrelo!
sábado, 16 de marzo de 2024
VISITAMOS O ECOAGRO
Onte os nenos do cole de Castrelo visitamos o Ecoagro, unha saída na que sempre aprendemos moito e que xa se vai convertebdo en algo habitual ao aproximarse a primavera. Fomos todo o cole, no primeiro turno, os nenos de infantil e primeiro de primaria e despois o resto.Tivemos a oportunidade de ver diferentes plantas de horta, xardín, árbores frutais e escollemos cada un unha plantiña e plantámola nunha maceta para dentro dun tempo poder tranplantala ao noso horto. Moitísimas grazas a Laura e Lucía pola vosa paciencia e todas as explicacións.
ecoagro 2024 - Kizoa Movie Maker
xoves, 14 de marzo de 2024
Aniversario de Hugo
Hoxe o noso compañeiro Hugo festexou o seu sexto aniversario. Parabéns Hugo! que os disfrutes moito!
venres, 8 de marzo de 2024
8M: SOMOS MÁIS CA UNHA BONITA FIGURA
xoves, 7 de marzo de 2024
PARABÉNS PALOMA!!
Hoxe Paloma cumpriu 5 aniños, é a máis maior da clase, e de momento a única que ten 5 anos, unha gran responsabilidade!! Para festexalo convidounos a merendar. PARABÉNS PALOMA!!
martes, 5 de marzo de 2024
ESCOITAMOS POESÍAS
luns, 4 de marzo de 2024
Aniversario de Álvaro e Alberto
venres, 23 de febreiro de 2024
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe os pequenos de Castrelo achegámonos un pouquiño á figura de Rosalía de Castro, xa sabemos quen era, que facía e soánnos algunhas das súas obras máis famosas. Quédannos por diante moitos anos para seguir coñecendo máis detalles desta autora tan xenial.
RENOVANDO O BOTIQUÍN!!
Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematamos esta semana as unidades relacionadas coa saúde, por iso decidimos pechar estes temas cunha visita á farmacia para repor o material do botiquín do cole, fixemos unha pequena parada tamén no centro de saúde, xa que moitos non sabiamos que en Castrelo tamén hai centro de saúde. Moitísimas grazas Amalia, Chelo e Vera por facilitarnos esta experiencia, pola paciencia, as explicacións e... os regaliños!
sábado, 17 de febreiro de 2024
DESFILE DE ENTROIDO!!
Despois de tanta choiva, por fin saíu o sol: o verde das follas luciu brillante, as flores estaban preciosas e as bolboretas bailaban sen parar. A choiva non puido coas nosas ganas de desfilar, este ano foi diferente... Grazas a todos os que nos acompañastes no día de onte polas rúas de Castrelo. Viva o noso entroido!!
venres, 16 de febreiro de 2024
TEATRO NO AUDITORIO: MAGO DE OZ