Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 22 de xuño de 2023
FESTA DE FIN DE CURSO 5 ANOS
mércores, 21 de xuño de 2023
GRADUACIÓN INFANTIL 2020-2023
Onte, os maiores de infantil, despediron unha das etapas máis bonitas e importantes das súas vidas. Despois de 3 anos están preparados para comezar a primaria en setembro. Non foi fácil resumir tantos e tan importantes momentos compartidos durante estes 3 anos pero con moito cariño, ilusión e algunha que outra lagrimiña conseguimos condensar algúns momentos no seguinte vídeo, os outros quedarán para sempre marcados no noso corazón...
PARABÉNS ROI!!
sábado, 17 de xuño de 2023
PROXECTO "A RÚA" (3 e 4 anos)
mércores, 14 de xuño de 2023
EXCURSIÓN FIN DE CURSO INFANTIL 2023
Hoxe, despois de moitos cambios, por culpa do tempo, puidemos ir de excursión!! Pasámolo xenial!!Disfrutamos moito e foi un día perfecto para festexar o fin deste curso. Deixámosvos un resumo en imaxes do ben que o pasamos os pequen@s de Castrelo no día de hoxe!!
luns, 5 de xuño de 2023
PARABÉNS MELISSA!!
Hoxe Melissa cumpriu 6 anos e ademáis coincidiulle ser a encargada, menuda sorte!! Na clase dos maiores festexámolo cunha súper tarta. Grazas pola merenda! PARABÉNS MELISSA!!