Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 15 de setembro de 2023
PERÍODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO!!
Hoxe os peques de 3 anos rematan o seu período de adaptación con moito éxito!! Grazas tamén á axuda de poder contar cos seus compañeiros de 4 anos, que durante estes días foron os seus guías na aula. Xuntos pasamos momentos moi divertidos e os choros e a desconfianza do primeiro día converteronse en sorrisos tímidos e confianza, ata sentirnos moi a gusto todos xuntos. Cada día estamos máis acostumados ás rutinas do cole... Aquí tedes un pequeno vídeo que resume esta semana tan intensa!! Quédanos un largo camiño cheo de aventuras e descubrimentos!
martes, 12 de setembro de 2023
PRIMEIRO DÍA DE COLE!! 3 e 4 anos
Onte no cole de Castrelo démoslle a benvida aos peques de 3 anos que chegaron por primeira vez ao cole de maiores e ninguén mellor que os seus compañeiros de clase de 4 anos para ensinarlle que ben o pasamos neste cole. Benvidos pequenos!! Xuntos comezamos unha nova aventura...
luns, 4 de setembro de 2023
REUNIÓN INICIO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL
O vindeiro venres ás 11:00, agardámosvos no cole, para comentarvos os aspectos organizativos do curso. Para un mellor desenvolvemento da reunión, na medida do posible, acudide sen nenos. Non faltedes!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)