Os pequenos de Castrelo rematamos o trimestre como máis nos gusta: divertíndonos moito!! Despois de semanas de ensaio e uns pouquiños nervios, finalmente olvidámonos de todo e divertímonos no escenario do auditorio para volver a Castrelo a tomar un riquísimo chocolate con churros. Así foi o noso último día de trimestre!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 29 de decembro de 2023
mércores, 20 de decembro de 2023
MERENDA DE NADAL
ENTREGA DE POSTAIS PARA AECC
Esta mañá Kelly, da Asociación Española contra o Cancro, pasou polo noso cole a recoller as postais que fixemos coa axuda das nosas familias. Levou unha caixa chea de ánimo, ilusión e bos desexos. Moitísimas grazas por facernos tan fácil colaborar con causas solidarias
mércores, 13 de decembro de 2023
POSTAIS DE NADAL EDUCACIÓN INFANTIL 2023
Un ano máis por estas datas, as familias de infantil, colaboraron en pleno, nunha das actividades propostas dende o centro: a elaboración dunha postal cun fin solidario. Coma nos últimos anos, as nosas postais van dirixidas á AECC, para darlle moito ánimo e os nosos mellores desexos aos enfermos nestas datas. Moitísimas grazas a todas as familias pola colaboración, o traballo sempre merece a pena!!
PARABÉNS PAULA H.!!
Día de celebración na clase de 3 e 4 anos!! Hoxe Paula festexou con nós que xa ten 3 aniños!! Foi a última da clase en cumprir, agora xa todos temos 3 anos!! PARABÉNS PAULA!!
venres, 8 de decembro de 2023
RELAXACIÓN