3 ANOS 20-21 - Kizoa Movie Maker
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
luns, 21 de xuño de 2021
RESUMO DO NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE
3 ANOS 20-21 - Kizoa Movie Maker
martes, 15 de xuño de 2021
PARABÉNS GRADUADOS!!
O pasado venres celebramos o acto de graduación dos maiores de infantil, que despois de tres anos pasan a primaria. Nerea, Ares, Sofía, Alexia, Iria e Alba compartiron moitas experiencias e bos momentos durante estes tres anos, asentando as bases da primeira amizade. Aquí podedes ver o vídeo- resumo da súa etapa infantil. PARABÉNS GRADUADOS!!
luns, 14 de xuño de 2021
GÚSTANOS O QUE COMEN OS POLIÑOS!
Aos nosos poliños encántalle comer millo, como son moi pequeniños aínda, o millo que lle damos é trillado, nós quedamos pasmados vendo como comen, se lles gusta tanto será que está moi rico, polo tanto queremos probalo!! No comedor, Isidro, o noso cociñeiro púxolle millo doce á ensalada e... bueno... a algúns gustounos pero a outros non... polo que tivemos que buscar outra preparación que nos convencera a todos: as palomitas!!! O venres fixemos palomitas !! e agora sí que sí... xa entendemos porque lles gusta tanto porque a nós encantáronnos as palomitas!!
sábado, 12 de xuño de 2021
COCORICO, ARTURO E PEPE!!
@s pequen@s de Castrelo estamos felices cos nosos poliños, xa os bautizamos!! Presentámosvos a Arturo, Cocorico e Pepe!
xoves, 10 de xuño de 2021
VEMOS O ECLIPSE!!
Hoxe estivemos aprendedo que é un eclipse, entendémolo moi ben!! E grazas a unha caixiña máxica que fixo o profe Víctor, puidemos velo moi clariño e sen riscos para os nosos ollos. Grazas profe Víctor!!
martes, 8 de xuño de 2021
SORPRESA!!!
Hoxe foi un día moi especial e moi esperado por tod@s @s pequen@s. Levamos unhas semanas con moita paciencia, contando cada día, ata chegar ao día 8 de xuño!! Hoxe era o día 21 dos nosos poliños...
Chegamos moi ilusionados e imapacientes... con nervios e os ollos coma platos... non queríamos perdernos un detalle
E por fin empezaron a sair os nosos poliños!!
luns, 7 de xuño de 2021
PARABÉNS MELISSA!!
Onte a nosa Súper Melissa cumpriu 4 aniños e a pesares de ser domingo, hoxe convidounos a merendar para festexalo. Moitísimas grazas pola merenda!! PARABÉNS MELISSA!!