sábado, 16 de marzo de 2024

VISITAMOS O ECOAGRO

 

   Onte os nenos do cole de Castrelo visitamos o Ecoagro, unha saída na que sempre aprendemos moito e que xa se vai convertebdo en algo habitual ao aproximarse a primavera. Fomos todo o cole, no primeiro turno, os nenos de infantil e primeiro de primaria e despois o resto.Tivemos a oportunidade de ver diferentes plantas de horta, xardín, árbores frutais e escollemos cada un unha plantiña e plantámola nunha maceta para dentro dun tempo poder tranplantala ao noso horto. Moitísimas grazas a Laura e Lucía pola vosa paciencia e todas as explicacións.

ecoagro 2024 - Kizoa Movie Maker

Ningún comentario:

Publicar un comentario