xoves, 23 de novembro de 2017

CARACOIS DE OUTONO

Se o outro día os nenos de tres anos fixeron os ourizos de outono, hoxe os da clase de catro e cinco anos fixeron estes caracois, tamén cun froito de outono, esta vez con castañas.
Mirade que bonitos quedaron!!


xoves, 16 de novembro de 2017

OURIZOS DE OUTONO

Levamos un par de semanas probando os froitos secos, esta vez ademáis de probar as pipas, que nos encantaron, fixemos con elas uns ourizos.
Mirade que bonitos nos quedaron!!


venres, 10 de novembro de 2017

IMOS DE MAGOSTO!!

Hoxe celebramos o magosto no campo do Terrón, para ver que ben o pasamos clicade na etiqueta MAGOSTO 2017 que aparece debaixo do vídeo

mércores, 1 de novembro de 2017

CELEBRACIÓN SAMAÍN!!

Despois de varios días facendo manualidades, decorando as aulas e ambientando o cole, chegou o gran día...o día 31 de outubro celebramos o Samaín. Pola mañá baixamos ao túnel do terror a colocar as nosas pantasmas e aproveitamos para retaratárnos no photocall. Despois os alumn@s de 4 e 5 anos decoramos os manteis e preparamos as mesas para colocar as comidas que nos enviaron as familias. A primeira hora da tarde fomos á biblioteca, xunto co resto do cole, alí escoitamos as historias que nos tiñan preparadas os alumn@s de 5º e 6º e despois, mentres os nen@s de primaria baixaron ao túnel do terror, nós pasámolo xenial comendo e maquillandonos. Premendo na etiqueta celebración samaín 2017 podedes ver un pequeno resume do noso día de Samaín... Moitísimas grazas as familias pola vosa colaboración!!

BRUXAS PORTACHUCHES!!

Os nen@s de infantil fixemos estas bruxas para meter as chuches de Samaín.
Quedáronnos terroríficamente preciosas!!


martes, 31 de outubro de 2017

MANUALIDADES FAMILIAS SAMAÍN

No seguinte video podedes ver as manualidades e cabazas que fixeron on nen@s de infantil coas súas familias.
Para velo debedes premer na etiqueta samaín  definitivo que aparece debaixo do vídeo.
Moitas grazas a tódalas familias pola súa colaboración.




PANTASMAS!!

Coas vendas e as gasas que mercamos na farmacia fixemos estas pantasmas terroríificas!!



Despois colgámolas no túnel do terror para asustar aos maiores...