mércores, 13 de febreiro de 2019

QUE É PARA VÓS O AMOR??

Mañá é San Valentín e hoxe @s peques comezamos a preparalo...
Que é o amor?

Mañá veredes as reflexións dos nen@s, seguro que vos sorprenden.

PARABÉNS ÁNGEL!!

@s nen@s de 4 anos xa se están facendo moi maiores, hoxe Ángel, o máis maior deste grupo, cumpriu xa 5 anos e quixo celebralo con nós convidándonos a unha riquíisima torta de chocolate. Moitísimas grazas a Ángel e a súa mamá pola merenda.
PARABÉNS ÁNGEL!!




martes, 12 de febreiro de 2019

TIPIS

Seguimos traballando no noso proxecto dos indios, xa sabemos que son nómadas e viven en tipis.
Nós tamén fixemos os nosos propios tipis. Mirade que coloridos!

luns, 11 de febreiro de 2019

PROXECTO INDIOS

Como xa sabedes este ano, no entroido imos disfrazados de indios.
@s nen@s de infantil estamos  comezando a facer un proxecto sobre o tema.
Comezamos facendo un mural coas nosas ideas previas sobre os indios, esto é o que sabíamos sobre os indios antes de comezar a nosa investigación:

Despois fixemos outro mural para ver as cousas que queremos aprender

 
E para isto, pedimos axuda ás familias, mediante esta carta



E como temos unhas familias moi colaboradoras... xa están comezando a chegar cousiñas mooi indias!!
Xa vos iremos ensinando...



xoves, 31 de xaneiro de 2019

DIA DA PAZ

Onte celebramos o día da paz dun xeito moooi indio!!
Este ano no entroido imos ir disfrazados de indios e aproveitando o tema, os nen@s de infantil empezamos a descubrir e aprender cousas sobre os indios. Para o día da paz, investigamos sobre a pipa da paz
Coa axuda das familias convertímonos nuns expertos!! Despois de traballar o tema na clase, pola tarde xuntámonos co resto do cole para facer un mural da paz
Quedounos moooii chuli!!
Ademáis os peques recitamos unha poesía, mirade que ben o fixemos!!

DÍA DA PAZ 2019 INFANTIL from ceipcastrelodoval on Vimeo.

martes, 22 de xaneiro de 2019

INVERNO!!

Co frío destes días, agora sí que notamos o inverno. Apreoveitamos para facer uns bonecos de neve con paus de xeado, mirade que chulos nos quedaron:
 
E con eles decoramos a porta da nosa clase!!


mércores, 9 de xaneiro de 2019

REMATAMOS CON FESTA E COMEZAMOS CON...SORPRESAAA!!

No seguinte video podedes ver que guapos rematamos o primeiro trimestre, o último día vestimonos de gala para actuar no Auditorio... Despois de moitos días de traballo, ensaios e moitos nervios: fixémolo xenial. Tanto traballo merecía unha recompensa... e tiñamos moi claro o que pedir
E como non podía ser doutra maneira... comezamos o segundo trimestre cunha sorpresa nas nosas aulas: As Suas Maxestades de Oriente pasaron por Castrelo!! Os maiores gardamos as formas e o orde...que capacidade de autocontrol!!
Os pequenos...non esperaron nin a quitar as chaquetas
Podedes ver as nosas reaccións e os nosos regalos no seguinte video