Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 11 de decembro de 2019
POSTAIS NADAL 4 E 5 ANOS
Onte xa vos ensinamos as postais da clase de 3 anos, hoxe presentámosvos as de 4 e 5 anos. Mirade que bonitas lles queadron!!
martes, 10 de decembro de 2019
POSTAIS DE NADAL DA CLASE DE 3 ANOS
Deixámosvos un vídeo coas postais feitas polas familias de 3 anos. Este ano as postais de Nadal feitas polas familias de todo o cole entregarémolas nunha residencia de maiores, seguro que lles encantan!!
Mirade que bonitas son!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!!
luns, 9 de decembro de 2019
ÁRBORE DE NADAL DE 3 ANOS!!
@s nen@s de tres anos decoramos unha abeto de nadal coa axuda das nosas familias, no cole xuntámolos todos e fixemos esta preciosa árbore de nadal. Quedounos preciosa! Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración unha vez máis!
PARABÉNS IREA!!
Hoxe Irea cumpriu 5 anos e para celebralo convidounos a unhas riquísimas rosquillas que fixo coa súa avoa!!PARABÉNS IREA!!
martes, 3 de decembro de 2019
3 DE DECEMBRO:DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe conmemóramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso cole un motivo de festa!
Como xa sabedes vimos a curta " Cuerdas", que nos encantou, agardamos que a vós tamén vos gustara.
Despois pintamos un paraugas
Cos paraugas de tod@s fixemos un mural , así chulo!
Porque no cole de Castrelo estamos tod@s baixo o mesmo paraugas!!
ALGO MOI ESPECIAL!!
No CEIP Plurilingüe de Castrlo do Val estamos visionando unha curta moi especial e queremos compartila con vós... a ver que vos parece...
Mirádea con calma... e máis tarde seguimosvos contando...
Porque supoñemos que sabedes qué día conmemoramos hoxe, verdade??
VISITAMOS O FESTIVAL DE CURTAS VÍA XIV
Esta mañá @s nen@s do CEIP Plurilingüe de Castrelo do Val visitamos o festival de curtas Vía XIV no Auditorio municipal de Verín. Foi unha mañá de cine!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










