luns, 17 de febreiro de 2020

VAIA CALCETÍNS!!

Comenzamos a semana de entroido traendo un calcetín de cada,moi colorido e por fora do pantalón...

sábado, 15 de febreiro de 2020

ANIVERSARIOS DA SEMANA

Esta semana dous dos maiores, Ángel e Valentina, cumpriron  6 aniños e quixeron celebralo convidándonos a merendar.
Moitas grazaaas!!

PARABÉNS ÁNGEL!!

PARABÉNS VALENTINA!!


CELEBRANDO O DÍA DO AMOR!!

@s pequen@s de Castrelo somos moi amorosos, por eso onte festexamos o día do amor e da amizade facendo unha rica torta de chocolate, na que cada un de nós fixo unha capa con moito amor. Mirade que boa pinta!
No seguinte video ensinámosvos como a fixemos e como disfrutamos comendoa!! Ademáis de facer a torta tamén fixemos a nosa man e en cada dedo escribimos un dos nosos amores

venres, 14 de febreiro de 2020

GRAZAS CON MOITO AMOOOR!!

Porque é o día do amor e Simón Vázquez quérenos moito, fixo estas galletas coa súa familia. Un bonito detalle para comezar o día de San Valentín.

Moitas grazas a eses papis que nos alegran as mañás con moito amor!!

xoves, 6 de febreiro de 2020

FOMOS AO TEATRO!!

Esta mañá @s nen@s de infantil, primeiro e segundo de primaria fomos ao auditorio a ver a obra de teatro "Cenicienta solo quiere bailar"

Portámonos xenial e encántounos a obra!!








mércores, 5 de febreiro de 2020

CHOCOLATEIR@S!!

No último conto de Pam, manchabase o disfrace con chocolate... e nós para facer a ficha do conto utilizamos tamén chocolate derretido para pintar co dedo... e despois de tanto pintar aproveitamos para ver se nos gustaba o chocolate... e descubrimos que somos uns auténticos chocolateir@s!!