As nosas eiruguiñas completaron o seu ciclo vital e despois de moita paciencia, vimos como por fin se transformaron en bolboretas. Toda unha experiencia da que aprendemos moito! Grazas profe Ángela por compartir os vermes con nós.
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
luns, 17 de maio de 2021
venres, 14 de maio de 2021
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
No cole de Castrelo levamos un par de semanas preparando a conmemoración das letras galegas. Como non podemos xuntarnos, traballamos por separado nas aulas, aprendendo cousas sobre a vida e obra de Xela Arias. Aos máis peques tocounos o primeiro dos carteis e fixémolo con moita ilusión
martes, 11 de maio de 2021
PARABÉNS IRIS!!
E seguimos de festa!! Hoxe outra das nosas princesiñas cumpriu 4 anos e para festexalo convidounos a merendar unhas rosquillas riquísimas!! Moitas felicidades Iris e moitas grazas papis pola merenda!
martes, 4 de maio de 2021
PARABÉNS ZELTIA!!!
Hoxe Zeltia cumpriu 4 anos!! Tróuxonos a merenda para celebralo e pasámolo xenial!
Moitísimas felicidades princesa!! Moitas grazas por invitarnos a merendar!!
luns, 3 de maio de 2021
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Onte foi o día internacional contra o acoso escolar, @s pequen@s de Castrelo afortunadamente non sabemos moi ben que é eso, hoxe traballamos o tema na aula a través do seguinte vídeo co conto "La decisión de Marina"
Despois falamos todos xuntos sobre o que lle pasba a Pablo e como se sentía e para rematar debuxamos a Pablo
domingo, 2 de maio de 2021
FELIZ DÍA MAMÁS!!
Seguro que @s pequen@s cumpriron perfectamente a súa misión e aguantaron ata hoxe para darvos os regaliños que prepararon con todo o amor do mundo e seguro tamén que vos encantou!!
Moitísimas felicidades a tod@s as mamás, en especial ás mamás dos pequen@s de Castrelo!!
venres, 30 de abril de 2021
CON MOOOITO AMOOR!!
Fai xa un tempo que estamos preparando algo moi especial, hoxe por fin levámolo para casa con moitísimo amor... Aguantade ata o domingo pequen@s!!
Deixovos unhas fotiños para que vexades como ademáis de facer o regalo, aproveitamos para traballar as letras. A ver se coas fotos podedes adiviñar de que se trata...
























