Hoxe os nenos de infantil, primeiro e segundo de primaria visitamos o ECOAGRO. Puidemos ver os diferentes tipos de sementes , ver paso a paso como van medrando, as máquinas que usan para sementar, a forma de riego ,os invernadoiros... Tamén plantamos unhas tomateiras que trouxemos para o cole. Próximamente iremos buscar as plantas do noso horto!! Moitas grazas a Laura e Lucía pola súa paciencia e adicación un ano máis.
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 24 de marzo de 2023
xoves, 23 de marzo de 2023
INVENTOS IMPORTANTES PARA A CIENCIA
Na clase de 5 anos seguimos traballando sobre os inventos, hoxe estivemos falando de inventos importantes para a ciencia e tivemos a oportunidade de traballar con dous deles para facer a nosa ficha: o microscopio e a lente binocular. A través deles vimos varias cousas...sin duda o que máis nos gustou foi unha mosca...que peluda era!!!
martes, 21 de marzo de 2023
DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Hoxe é o Día Mundial do Síndrome de Down e para apoiar a diversidade, no noso cole todos levamos hoxe un calcetín de cada. Na clase de 5 anos non sabiamos moi ben que quería decir eso do Síndrome de Down, hoxe entendémolo e xa sabemos que todos somos diferentes grazas aos cromosomas! Para comprendelo mellor vimos o "Cromocuento", deixámosvolo abaixo para que podades velo.
domingo, 19 de marzo de 2023
FELICIDADES PAPÁS!!
A esta hora xa todos teredes nas mans...ou igual nos pés o voso regalo. Sei que vos encantou a todos porque está feito por as persoas máis importantes e con todo o esforzo e o amor do mundo. MOITAS FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS!!
venres, 17 de marzo de 2023
PAPÁ.....QUE SERÁ?
Despois duns días de traballo e moita ilusión...xa temos todo rematado e empaquetado... Hoxe por fin levan os seus regaliños para os papás... Esperamos que garden a maxia ata o domingo, de momento dámosvos a pista que escribiron na bolsa: PAPÁ PISA FORTE, SIGO OS TEUS PASOS... Qué será??
xoves, 16 de marzo de 2023
DESCUBRINDO A MÁQUINA DE ESCRIBIR!!
Na clase de 5 anos estamos traballando sobre os inventos. Hoxe fixemos unha ficha da máquina de escribir e ningún de nós sabía que era esa máquina!!
Como no noso cole hai de todo, tivemos a oportunidade de coñecer a máquina de escrbir e probala. Que invento máis raro!! Encantounos escribir os nosos nomes e imos quedar con ela na clase uns días máis para seguir practicando...
venres, 10 de marzo de 2023
MOITAS GRAZAS PROFE EVA!!
Hoxe ,na clase de 5 anos, chegou o día que non queriamos que chegara. Hoxe despedimos á profe Eva con moita pena de que se marche pero moi contentos por ter compartido estes meses con ela. Hoxe aprendemos ademáis que podemos chorar de tristeza e de alegría. MOITAS GRAZAS PROFE EVA POR AXUDARNOS A SEGUIR MEDRANDO!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























