Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 31 de outubro de 2019
XINCANA SAMAIN/HALLOWEEN 2019
Onte pola tarde no cole de Castrelo celebramos o Halloween/Samaín como máis nos gusta: tod@s xunt@s.
Fixemos unha xincana con diferentes xogos por equipos, onde os máis maiores coidaron e axudaron aos nosos pequenos e no que o máis importante foi o ben que o pasamos e... que descubrimos onde estaban escondidas as chuches!!
Deixámosvos un resumo da nosa tarde de Samaín/Halloween!!
mércores, 30 de outubro de 2019
CABAZAS / MANUALIDADES INFANTIL 2019
Aquí tedes as cabazas / manualidades que fixeron @s nen@s de infantil coa axuda das suas familias. Moitas grazas a todos os que participastes!!
MERENDA DE HALLOWEEN / SAMAÍN
Esta mañá @s pequen@s de Castrelo preparamos unha merenda terrorífica. Pasámolo xenial e merendamos terroríficamente ben!! Podedes velo no seguinte vídeo. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración!!
martes, 29 de outubro de 2019
PORTAS DE SAMAÍN/HALLOWEEN
Así de terroríficamente chulas deixamos as portas das nosas aulas @s pequenos de Castrelo:
AULA DE 3 ANOS
AULA DE 4 E 5 ANOS
MANUALIDADES SAMAÍN HALLOWEEN
@s peques seguimos facendo manualidades de Samaín/Halloween:
Pantasmas coas nosas mans
Portachuches de gatos negros feitos con platos de cartón
Pantasmas coas nosas mans
Portachuches de gatos negros feitos con platos de cartón
PANTASMAS !!
Aínda que ao principio nos parecían caracois... despois de recortar, picar, pintar... quedáronnos unhas pantasmas moi terroríficas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









