xoves, 30 de xaneiro de 2020

PARABÉNS SIMÓN GÁMEZ!!

Con algúns días de retraso, hoxe festexamos os 4 anos de Simón Gámez, aínda que mereceu o tempo a espera, xa que os seus papás convidáronnos a unha riquísima tarta, como era tan graaande compartímola con todo o cole na hora do xantar. Moitas grazas!!


xoves, 9 de xaneiro de 2020

PARABÉNS SOFÍA PIÑEIRO!!

AÍNDA QUE O CUMPLE DE SOFÍA XA FOI DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL, HOXE FIXEMOS UN OCO NA AULA PARA FELICITALA DE NOVO E FACERLLE O NOSO AGASALLO DE CLASE! MOITOS PARABÉNS!!




venres, 20 de decembro de 2019

REGALOS DE PAPÁ NOEL E CHOCOLATADA!!

Esta mañá ao chegar ao cole levamos unha sorpresa...

Papá Noel enviounos un saco cargado de regalos para todos os nenos do cole!!

Puxémonos mooi contentos!



Despois, para rematar ben o trimestre e o ano tomamos un rico chocolate con churros














xoves, 19 de decembro de 2019

GALLETAS DE NADAL!!

Hoxe foi un día moi inteeeensooo... Pola mañá actuamos no auditorio... e como as profes estaban tan atareadas non tiveron tempo nin de sacarnos unha foto, pero xa sabemos que nos fostes ver e agardamos que vos gustara a nosa actuación. Pola tarde, despois da comida navideña, aproveitamos para facer un taller de galletas de nadal todos xuntos no comedor... Pasámolo xenial e merendamos unhas ricas galletas!!

mércores, 11 de decembro de 2019

POSTAIS NADAL 4 E 5 ANOS

Onte xa vos ensinamos as postais da clase de 3 anos, hoxe presentámosvos as de 4 e 5 anos. Mirade que bonitas lles queadron!!

martes, 10 de decembro de 2019

POSTAIS DE NADAL DA CLASE DE 3 ANOS

Deixámosvos un vídeo coas postais feitas polas familias de 3 anos. Este ano as postais de Nadal feitas polas familias de todo o cole entregarémolas nunha residencia de maiores, seguro que lles encantan!! Mirade que bonitas son! Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!!