O monstruo de cores estaba feito un lío, con todas as súas emoción revoltas...
Fómoslle axudando a por en orde cada unha das súas emocións, separandoas por cores e metendo cada unha nun bote diferente
Despois fixemos un debuxo do conto
Cada un de nós elexiu unha emoción e contou unha situación que lle produce esa emoción, coa axuda da profe escribímolas e despois, igual que fixo o monstruo de cores, tamén as ordenamos e metémolas no bote correspondente
Sabedes? "ASÍ TODAS ORDENADAS FUNCIONAN MELLOR"
Foi un día moi especial tamén para a nosa profe, que se emocionou moito ao ver como Iria, Gerard e Julio, que fai algún tempo estiveron en infantil nesa mesma clase, volvían coma os nenos máis maiores do cole a contarnos un conto aos máis peques
MOITAS GRAZAS CHICOS. A VOSA PROFE DE INFANTIL SÉNTESE MOI ORGULLOSA DE VÓS
Ningún comentario:
Publicar un comentario