venres, 23 de marzo de 2018

COCIÑAMOS POR UNHA BOA CAUSA!!

Os nosos compis de 5º e 6º de primaria vanse de excursión e para colaborar económicamente con eles, os venres, que é o día de merenda libre no cole, van vender merendas por 1 euro, hoxe era o primeiro día e os nen@s de infantil quixemos axudarlles. Durante a mañá fixemos un taller de cociña de sandwiches de pascua, que logo venderon e co que xa fixeron a súa primeira recaudación. Agradecemos aos papás de infantil a súa colaboración ao mercar os ingredientes e animámosvos a tod@s a seguir participando!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario