Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 3 de febreiro de 2021
PARABÉNS HUGO!!
martes, 2 de febreiro de 2021
PORTA DE INVERNO!!
Mirade que bonita nos quedou a porta da clase de 3 anos cos bonecos de neve que fixemos!!
luns, 1 de febreiro de 2021
FACEMOS NEVE!!
@s pequen@s de Castrelo seguimos traballando o inverno, agora desde casa coa axuda das familias.
Aquí tedes a neve artificial que fixeron, con diferentes técnicas!!
mércores, 27 de xaneiro de 2021
PINGÜÍNS!!
Aquí tedes o resultado final da nosa manualidade dos platos!!Estamos traballando o inverno e aproveitamos para aprender cousas sobre estes animaliños tan simpáticos...
sábado, 23 de xaneiro de 2021
PINTAMOS ESCOITANDO A MOZART!!
@s pequen@s de Castrelo volvemos ao cole con moitas ganas ... así de relaxados pintamos uns pratos escoitando a Mozart!!
Sabedes para que son os pratos? Seguide as nosas publicacións para ver o resultado final da nosa manualidade!!
domingo, 17 de xaneiro de 2021
FESTIVAL DE NADAL 2020- 3 ANOS
Esta semana e con máis retraso do previsto, @s nen@s da clase de 3 anos gravamos o festival de Nadal. Seguramente con máis tempo e sen interrupir os ensaios houbese quedado mellor, pero o importante é o ben que o pasamos e a capacidade que demostramos para adaptarnos aos imprevistos. Sodes uns campións pequen@s!!
xoves, 17 de decembro de 2020
POSTAIS DE NADAL 3 ANOS
Despois de moitos días de retraso, hoxe deixovos as postais de Nadal que @s pequen@s de 3 anos fixestes coas vosas familias para felicitarnos o Nadal. Aínda que non puidestes velas, xa levan días colgadas xunto coas do resto do cole. Moitísimas grazas unha vez máis pola vosa colaboración.









