venres, 31 de xaneiro de 2025

Semana da Paz na aula de 3 anos


 Este é un pequeno resumo dalgunhas das actividades feitas durante esta semana. Convertímonos en pintores, buscamos palabras do corpo que estamos a traballar e tamén fixemos unha pomba da paz.... Foi unha semana moi completa!

xoves, 30 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ!

 


Hoxe conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz!

Participamos na elaboración dun mural a nivel de centro, onde cada clase elixiu a súa palabra/frase que representase a Paz (nós eliximos "abrazos" despois dun longo proceso de diálogo e debate!). 

Tamén fixemos manualidades coa pomba da paz e tivemos a sorte de asistir a un contacontos!! 

Moitas grazas Fran por agasallarnos cuns momentos tan divertidos e especiais!




luns, 20 de xaneiro de 2025

PARABÉNS MARTÍN

 



Hoxe Martín quixo celebrar os seus 5 anos cunha deliciosa tarta que desfrutamos entre todas e todos!! 

Estaba boísma!!

PARABÉNS MARTÍN!


martes, 14 de xaneiro de 2025

Visitamos a furgoteca!!

 

O día de onte a furgoteca veunos visitar!! 

Estivemos botándolle un ollo aos libros, revistas, xornais,... Eran todos moi chulos! 








Teatring : La Bella y la Bestia


 



Hoxe tocounos ir de excursión!! Todo o colexio de Castrelo puidemos desfrutar do musical da "La Bella y la Bestia". Pasamos un rato estupendo, gustounos moitísimo!! 

Ademais, relacionado co musical, os nenos e as nenas de 4 e 5 anos aproveitamos para traballar cos cartos: coñecemos as moedas de euro e os billetes de 5 e 10€. Cada un de nós tivo que buscar a súa forma de ter os 12€ que nos costou a entrada! Fixémolo xenial!!




venres, 10 de xaneiro de 2025

Aniversario Teo

 



Hoxe o noso compañeiro Teo celebrou no cole os seus 3 aniños que cumpriu durante as vacacións de nadal. Parabéns Teo!! A tarta estaba deliciosa!

xoves, 9 de xaneiro de 2025

Aniversario de Alan


 Hoxe cumpriu anos o noso compañeiro Alan, e xa van 4 anos!! Para celebralo convidounos a unha rica merenda. Parabéns!!

OS REIS MAGOS VISITAN CASTRELO!


 

 Menuda sorpresa tivemos no cole!! Ao chegar das vacacións nas nosas aulas de infantil tiñamos un montón de agasallos esperándonos! 

Non puidemos esperar e tivémolos que abrir para atopar todos os novos xoguetes e materias para as dúas aulas, pasámolo xenial!!