mércores, 26 de xuño de 2019

LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019-2020


C.E.I.P. PLURILINGÜE DE CASTRELO DO VAL
LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO 2019-2020

3 ANOS
·         PROXECTO SORRISOS 3 ANOS. Ed. S.M.
1º,2º e 3º trimestre. (en galego)
·         LECTOESCRITURA: La Galaxia de las letras. Ed. S.M.
Cuaderno  Nº 1
·         INGLÉS: Daisy, Robin and Me. BLUE CB PK CD Starter
9780194807135

4 ANOS
·         PROXECTO SORRISOS 4  ANOS. Ed. S.M.
1º,2º e 3º trimestre. (en galego)
·         LECTOESCRITURA: La Galaxia de las letras. Ed. S.M.
Cuadernos  Nº 2 y Nº 3 ( versión pauta)
·         INGLÉS: Daisy, Robin and Me. BLUE CB PK CD A
9780194807401


5 ANOS
·         PROXECTO SORRISOS  5  ANOS. Ed. S.M.
1º,2º e 3º trimestre. (en galego)
·         LECTOESCRITURA: La Galaxia de las letras. Ed. S.M.
ü  Cuaderno  Nº 4, Nº 5, Nº 6 (versión pauta)
ü  Libro de lectura Nº 1.
·         INGLÉS: Daisy, Robin and Me. BLUE CB PK CD B
9780194807654

SAÍMOS NO XORNAL!!

Hoxe saímos no suplemento "Xornal Escolar" do diario  "La Región"


sábado, 22 de xuño de 2019

GRADUACIÓN INFANTIL

Hoxe foi un día moi especial, unha parte dos pequenos de Castrelo pasan a primaria. Despois dun duro ano de traballo, risas, algunha bágoa e moitas alegrías rematan unha das etapas máis especiais das súas vidas.En setembro outra clase e outra profe estaránvos esperando pero eu levareivos sempre, con moito orgullo, no meu corazón. Deixovos o vídeo para que recordedes esta etapa con moito cariño

VIDEO INFANTIL from ceipcastrelodoval on Vimeo.

Moitas grazas por tanto pequenos!!

xoves, 13 de xuño de 2019

TOCAMOS A TROMPA!!




Hoxe na clase de música estivemos coñecendo un instrumento novo. A profe Estefanía tróuxonos a súa trompa, foi moi divertido!!





xoves, 6 de xuño de 2019

VIVA A MÚSICA TRADICIONAL!!


Hoxe recibimos a visita de Ramón e Jose, de Candaira, viñeron facernos unha demostración de instrumentos musicais tradicionais e a convidarnos esta fin de semana á Frasca que se celebrará no parque do Terrón en Castrelo.

Fixéronnos pasar uns momentos moi entretidos, podedes velo no seguinte video.
Moitísimas grazas!!



CONTACONTOS

@s nen@s de infantil e primeiro ciclo de primaria estamos disfrutando dunha sesión de contacontos con Sabela Gago.

E vendo as nosas caras, nótase que o estamos pasando xenial!!



martes, 4 de xuño de 2019

PARABÉNS IRIA!!

Seguimos celebrando!! Hoxe Iria cumpriu un aniño máis e para festexalo convidounos a merendar. Moitísimas grazas a sua familia pola riquísima merenda que nos mandaron.