martes, 31 de marzo de 2020

BOTE DA CALMA E PRACTICAMOS MATES!!

Hoxe propómosvos unha manualidade moi útil: un bote/botella da calma, que vai servirnos para que estes días @s nos@s pequenos se relaxen.
Tomade nota do que precisamos (se non o temos na casa, botámoslle imaxinación e substituímos por outras cousas).

Mirade o vídeo para ver o proceso


Ademáis para completar o día deixámosvos un enlace moi interesante para practicar a COMPETENCIA MATEMÁTICA(tedes actividades para contar,clasificar, agrupar,series,sumas, restas...adaptados por niveis)
https://es.ixl.com/math/infantil

luns, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SM


Hoxe deixámosvos unha gran variedade de actividades interactivas,contos clásicos,contos animados e lectoescritura que a editorial SM pon á vosa disposición.

domingo, 29 de marzo de 2020

PARABÉNS MARCOS!!


Hoxe seguimos tendo razóns para festexar, O noso Marquiños cumple 6 anos!! Parece que foi onte cando empezou no cole e xa está celebrando o seu último cumple en infantil. Á volta queremos festexalo como te mereces! PARABÉNS MARCOS!!

sábado, 28 de marzo de 2020

PARABÉNS SIMÓN VÁZQUEZ!!

Hoxe é un día moi especial, un dos nosos pequenos príncipes cumple 4 aniños. Aínda que dentro dunhas circunstancias "raras" estou segura de que os seus papás lle farán pasar un día xenial!!
E en canto volvamos ao cole, festexaremos xuntos!! PARABÉNS SIMÓN!!

xoves, 26 de marzo de 2020

EXPERIMENTO PARA QUE ENTENDAN A IMPORTANCIA DE LAVARSE AS MANS


Hoxe propómosvos un experimento para que os máis pequenos comprendan a importancia de lavarse as mans. Para que eles o entendan podedes decirlle que a pementa sería o virus. 



mércores, 25 de marzo de 2020

MONSTRUO DE COLORES-CORONAVIRUS


Aquí tedes un novo conto, esta vez o  monstruo de cores tratando o tema do coronavirus. Estamos seguras de que lles vai encantar...O monstruo de cores sempre é un acerto cos pequen@s!!



martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLAMOS CO CONTO:"ROSA CONTRA EL VIRUS"

Hoxe deixámosvos un conto: ROSA CONTRA EL VIRUS, moi apropiado para traballar nestes momentos. Trátase dun conto publicado pola editorial Sentir en colaboración co Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid. Agardamos que vos guste, nos vindeiros días poremos novas propostas para seguir traballando a través dos contos



luns, 23 de marzo de 2020

NÓS QUEDAMOS NA CASA!!

@s pequen@s de Castrelo temos moitas ganas de vernos pero sabemos que debemos quedar na casa e tamén sabemos que se o facemos todo sairá ben,por iso e coa axuda das nosas familias sumámonos á iniciativa dos arcos da vella para decirvos:"Nós quedamos na casa". No seguinte vídeo podedes ver que bonitos quedaron os nosos arcos da vella e ademáis a través das fotos podemos ver aos nosos amigos. Facede coma nós e se podedes QUEDADE NA CASA!! Geazas ás familias pola vosa colaboración. Xuntos resistiremos!!

venres, 20 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA @S NEN@S DE 4 E 5 ANOS

Deixámosvos  unha proposta de actividades imprimibles para @s nen@s da clase de 4 e 5 anos.
Agardamos que vos sirva de axuda para levar estes días o mellor posible.




PROPOSTA DE TRABALLO PARA OS NEN@S DO PRIMEIRO CURSO DE INFANTIL

Na seguinte publicación pomos á vosa disposición unha serie de enlaces a diferentes páxinas para que podades imprimir algunha ficha para facer na casa cos PEQUEN@S DO PRIMEIRO CURSO DE INFANTIL.
Son actividades moi sinxelas, tomádeas coma unha proposta, que serve para complementar  o acceso á plataforma dixital do proxecto Sorrisos no que estamos traballando, ás indicacións das rutinas e ás diferentes propostas de actividades que vos pasamos por tokapp,
Unha vez máis pretendemos ser unha axuda neste momento e non ser unha carga adiccional.
Grazas pola vosa colaboración, xuntos é máis fácil!!










xoves, 19 de marzo de 2020

FELIZ DÍA SUPERPAPIS!!

Hoxe queremos felicitar aos nosos papás dun xeito moi especial, con este vídeo feito coa colaboración de todas as familias,que unha vez máis e nestes momentos tan complicados siguen traballando ao noso lado, MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA COLABORACIÓN. Agardamos que vos guste! PARABÉNS PAPÁS!!

mércores, 18 de marzo de 2020

PARABÉNS ALBA!!

Hoxe a nosa pequena Alba cumpre 5 aniños e aínda que o cumple de hoxe vai ser moi diferente estamos convencidas de que pronto volveremos a vernos e festexar como te mereces os teus 5 anos.
PARABÉNS ALBA!!

domingo, 8 de marzo de 2020

8 DE MARZO.GRAZAS MAMÁ!!

Hoxe celébrase en todo o mundo o día da muller, @s pequen@s de Castrelo estivemos traballando neste tema durante a semana e chegamos á conclusión de que as mulleres máis importantes da nosa vida son as nosas mamás, por eso hoxe lle quixemos adicar o día.
No seguinte vídeo podedes ver os traballos dos pequen@s