luns, 25 de novembro de 2024

25 N (3 ANOS)




CELEBARACIÓN DO 25N





Hoxe pintamos unha árbore con follas especiais por o 25 N, en contra da violencia machista.


FELIZ CUMPLE ENZO LÓPEZ!!



FELICIDADES ENZO LÓPEZ



 Hoxe celebramos o cumple dos 3 anos de Enzo López con un rico biscoito. 

Moitisimas felicidades!!!

CONMEMORAMOS O 25 N

 

Hoxe as nenas e os nenos de 4 e 5 anos estivemos a traballar ao redor da conmemoración do 25N (Día Internacional contra a Violencia de Xénero).

Para iso, comezamos a mañá contando o conto de Arturo e Clementina que podedes visualizar aquí:

Tamén fixemos uns debuxos sobre o conto:

 

Para rematar, entre todo o centro fixemos a "árbore do respecto" onde as raíces son as palabras que favorecen o crecemento da árbore e as nosas mans violetas, son as follas.

Aquí vos deixamos o vídeo de todo o proceso!




venres, 22 de novembro de 2024

VOAMOS UN DRON!!

 

Os nenos de 5 anos estamos traballando sobre os inventos. Hoxe aproveitamos que a profe Cris trouxo un dron para aprender para que sirve, as partes que ten, e ata puidemos manexalo un pouquiño!!



luns, 18 de novembro de 2024

sábado, 16 de novembro de 2024

MAGOSTO 2024

 

Onte no cole de Castrelo festexamos o Magosto, aínda que o tempo non nos permitiu sair ao Parque do Terrón, desfrutamos moito no cole. Psamos unha xornada diferente na que os profes nos organizaron diferentes xogos e comemos no patio. Pasámolo xenial!!




xoves, 14 de novembro de 2024

PREPARADOS PARA O MAGOSTO!!

 Mañá celebramos o Magosto no parque do Terrón. Na clase de 4 e 5 anos xa temos todo preparado... Mirade que chulos nos quedaron os nosos bolsos para as castañas!


Aproveitando a semana de magosto e todas as castañas que levamos ao cole, traballamos tamén os amigos dos números, descompoñendo un número de varias formas.



sábado, 9 de novembro de 2024

PREPARANDO O MAGOSTO




 Na clase de 4 e 5 anos non nos da tempo de recuperarnos dunha festa e xa estamos preparando a seguinte. Esta semana foi de transición... nos primeiros días recollemos a decoración de Samaín e cara o final da semana xa comezamos a preparar o Magosto!! Non hai duda de que a festa é o noso, pero traballando moitooo...