Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de novembro de 2025

25 N

Hoxe, no cole, conmemoramos o 25 N, nas clases de infantil vimos e reflexionamos sobre os contos: "Arturo y Clementina" e "Tejona y Tejón". Despois,  sobre unha peza de puzle, escrimos palabras que acordamos entre todos: querernos ben, axudar, mimo, bico, abrazo e amor.

Pola tarde xuntámonos co resto de clases do cole para unir as pezas do noso puzzle e escoitar as palabras que nos leron dúas compañeiras de sexto de primaria.



luns, 25 de novembro de 2024

CONMEMORAMOS O 25 N

 

Hoxe as nenas e os nenos de 4 e 5 anos estivemos a traballar ao redor da conmemoración do 25N (Día Internacional contra a Violencia de Xénero).

Para iso, comezamos a mañá contando o conto de Arturo e Clementina que podedes visualizar aquí:

Tamén fixemos uns debuxos sobre o conto:

 

Para rematar, entre todo o centro fixemos a "árbore do respecto" onde as raíces son as palabras que favorecen o crecemento da árbore e as nosas mans violetas, son as follas.

Aquí vos deixamos o vídeo de todo o proceso!