venres, 16 de decembro de 2016

domingo, 11 de decembro de 2016

POSTAIS DE NADAL 5 ANOS

Xa chegou o nadal e no cole estamos facendo moitas cousiñas para celebralo, de momento deixámosvos as postais de nadal da clase de 5 anos, que elaborastes en familia, unha vez máis moitas grazas pola vosa colaboración, o resultado, como podedes ver foi excelente. Nos próximos días seguirémosvos ensinando máis cousiñas navideñas..

POSTAIS NADAL 5 ANOS 2016 by Slidely Slideshow

xoves, 1 de decembro de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DA DISCAPACIDADE

O vindeiro sábado 3 de decembro, celébrase o día mundial das persoas con discapacidade. Nós celebrámolo durante o día de hoxe con varias actividades.
Primeiro vimos o conto "Por cuatro esquinitas de nada", se queredes ver de que trata pinchade no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

Seguro que vos gustou. A nós encantounos!!
Despois por equipos, reflexionamos sobre o conto.
Xa pola tarde, participamos por equipos nunha rotación de xogos, que nos permitiron aproximarnos ao que sinten as persoas que sufren algún tipo de discapacidade.
Foi unha xornada moi divertida e na que aprendemos moitas cousas importantes.
Aquí podedes ver algunhas fotos deste día



DIA DA DISCAPACIDADE 2016 by Slidely Slideshow

martes, 29 de novembro de 2016

PARABÉNS LUZ

Este luns celebramos o aniversario de Luz. Xa ten 3 anos!!!!
Na aula festexamos este día, bailamos, cantamos e por último, os nenos déronlle os seus debuxos como recordo.
Parabéns Luz!!!





sábado, 26 de novembro de 2016

OURIZOS CON FOLLAS

A semana que ven comezaremos coas manualidades de Nadal, antes deixámosvos unha das últimas manualidades de Outono: estes ourizos que fixemos coas follas de outono que recollemos.



Mirade que bonitos nos quedaron e como lucen ó lado do esquío que pintamos. Grazas profe Patri por debuxarnos un esquío tan bonito!!



TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte conmemoramos o día mundial contra a violencia de xénero con diferentes actividades.
Aquí tedes unha mostra


martes, 22 de novembro de 2016

SAÍMOS NA TVG!!

Co motivo dos talleres de PROTEDUCA, saímos nas noticias da TVG


Clic na imaxe para ver o vídeo

TALLER PROTEDUCA

Esta mañá visitáronnos os nosos amigos de Protección Civil, para ensinarnos como debemos reaccionar ante unha emerxencia. Os nenos de 5 anos e os de primeiro de primaria fomos os primeiros en participar nestes talleres, que ó longo de toda mañá tamén disfrutou o resto do cole. Aprendemos moito e pasámolo xenial!!

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow

venres, 18 de novembro de 2016

A NOSA MEDALLA É PARA ARITZ!!

Na clase de 5 anos emocionámonos moito co xesto do noso compañeiro Aritz, e como para nós é o noso gañador, esta tarde fixémoslle un libro-medalla. FELICIDADES CAMPIÓN!!

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

CONTO DE OUTONO

Os nenos e nenas da clase de 5 anos, coa axuda das nosas familias fixemos un conto de outono, titulado "O COGOMELO MÁXICO". Durante estes días irá viaxando por todas as casas para que o vexades. Moitas grazas pola vosa colaboración!! Deixámosvolo en formato dixital.

xoves, 17 de novembro de 2016

PARABÉNS COMPIS!!

Hoxe os nosos compañeiros de 2º a 6º de primaria participaron, xunto co resto dos coles da comarca, na proba de campo a través en Tintores
Ademáis de pasar un día xenial, os nenos de 2º e 3º gañaron o terceiro premio na categoría de Equipo Benxamín Masculino.
PARABÉNS COMPIS!!


Sentímonos dobremente orgullosos,xa que ademais do trofeo dos nenos de 2º e 3º , Aritz, de 4º de primaria, deunos unha auténtica lección de compañeirismo e deportividade, cando indo nos primeiros postos e con opcións a conseguir medalla, se parou para axudar a un compañeiro doutro cole que caera durante a carreira, ambos conseguiron cruzar a meta en 4º posición.
ARITZ ERES O NOSO GAÑADOR!!





martes, 15 de novembro de 2016

PARABÉNS IRENE !

Este luns celebramos na clase o cumple de Irene. Os nenos agasallárona cos seus debuxos, cantamos cancións e comemos unha tarta deliciosa!! Parabéns Irene!

domingo, 13 de novembro de 2016

O NOSO COLE SAE NO XORNAL

No suplemento "Xornal Escolar" do xornal "La Región" da semana pasada, sae unha reportaxe do CEIP Castrelo do Val, relacionado coa Biblioteca do Centro.

Aquí podedes lelo online: http://www.laregion.es/articulo/xornal-escolar/recurso-estratexico/20161109112410662276.html


CHEGOU O MAGOSTO!!

O venres fomos de magosto ó parque do Toural. Pasámolo xeniaaal!! Aquí tedes unha pequena mostra.

MAGOSTO INFANTIL 2016 by Slidely Slideshow

Música: Jesús Pareja "Chegou o magosto".

venres, 28 de outubro de 2016

PARABÉNS NAHIA

Hoxe ademais do Samaín tamén festexamos o cumple da nosa compañeira Nahia. Moitos parabéns e disfruta do día!!

MANUALIDADES E CABAZAS FEITAS POLAS FAMILIAS!!

Deixámosvos tamén as manualidades e cabazas que fixestes na casa e que nos serviron para decorar o cole. Aproveitamos para agradecer a vosa colaboración unha vez máis.

samain infantil by Slidely Slideshow

Canción: "Corre corre, cabaciña" de Almudena Janeiro

CELEBRAMOS O SAMAÍN- HALLOWEEN

Durante esta semana para conmemorar o Samaín - Halloween no cole fixemos algunhas manualidades que nos gustaría compartir con vós. Agardamos que vos gusten!!

samain infantil by Slidely Slideshow

Este video está montado coa música de Almudena Janeiro, recolida no libro "MAIS CONTOS EN CANTOS" , baseado no conto " Corre corre, cabaciña"da editorial OQO.

luns, 24 de outubro de 2016

PARABÉNS IAN !

Hoxe celebramos o cuarto aniversario de Ian!!




Os nenos agasalláronno con bonitos debuxos. Pasamos un intre divertido, cantando e comendo lambonadas!!

mércores, 19 de outubro de 2016

OURIZO CON UVAS E PERA

Deixámosvos a reportaxe completa do noso ourizo con uvas e peras. Pasámolo xenial facendoo e sobre todo comendoo!!
Para completar os coñecementos sobre este froito de outono, tamén fixemos unha pequena excursión por Castrelo para ver de onde saen as uvas e aproveitamos para recoller follas de outono para as nosas seguintes manualidades.


OURIZO CON UVAS E PERA by Slidely Slideshow

martes, 18 de outubro de 2016

OURIZO CON UVAS E PERA!!

Seguro que a maioría "acertastes" de que se trataba. Aquí tedes o resultado final... antes de que fora devorado polos nosos peques.


luns, 17 de outubro de 2016

QUÉ SERÁ...?

A semana pasada comezamos a facer algunhas actividades de outono... e como non podía ser doutra forma comezamos pola comidiña, que é o que máis nos gusta.
A ver se adiviñades que saíu dunhas peras e unhas uvas...






venres, 16 de setembro de 2016

Seguimos celebrando...

Na clase de 5 anos, somos moi festeiros, e este mes estamos repletos de celebracións... Hoxe tocoulle a Xiana, que celebrou os seus 5 aniños.
PARABÉNS XIANA!!


martes, 13 de setembro de 2016

domingo, 11 de setembro de 2016

Preparados, listos...COMEZA O NOVO CURSO!!

O verán chega ao seu fin e dentro dunhas horiñas comeza para todos vós o curso 2016-2017.
Os profes xa levamos uns días preparando todo para a vosa volta e tamén para a benvida dos novos alumnos.
Soamente recordarvos que esta noite vos deitedes cediño xa que mañá ás 9 agardámosvos no cole.
Coma tódolos anos teremos unha reunión coa que inauguramos o novo ano lectivo.
ATA MAÑÁ...

PERIODO DE ADAPTACIÓN DOS ALUMN@S DE 3 ANOS

Durante o mes de Setembro, a lei prevé que os nenos e nenas de tres anos que se incorporan por primeira vez ao centro, teñan un período de adaptación escolar, que queda regulado para este curso na disposición adicional segunda  da Orde do 7 de xuño de 2016, pola que se aproba o calendario escolar para o curso  2016/2017. O tempo de permanencia destes nenos e nenas no centro comezará sendo menor e prolongarase progresivamente ata acadar  o horario normal.

HORARIO A SEGUIR NOS PRIMEIROS DIAS.
LUNS 12
Presentación  e Reunión de pais/nais (os alumnos marcharán cos seus pais/nais ao rematar a reunión)
MARTES 13
De 10:00 a 11:00
MÉRCORES 14
De 9:30 a 11:00
XOVES 15
De 9:00 a 11:00
VENRES 16
De 9:00 a 11:00
LUNS 19
De 9:00 a 12:00
MARTES 20
De 9:00 a 12:00
MÉRCORES 21
De 9:00 a 13:15
XOVES 22
De 9:00 a 13:15
VENRES 23
De 9:00  a 13:15

A partir do luns 26 xa farán a xornada completa, é decir, de 9:00 a 14:15, será o primeiro día que fagan uso do comedor escolar.

Lembrade que a partir do mes de Outubro o horario será de 9:30 a 16:00

xoves, 7 de xullo de 2016

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017

Aquí tedes os libros de texto para o vindeiro curso:



LIBROS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2016/2017

·        3 ANOS

-         Proxecto Guau 3 anos. Editorial S.M.
1º, 2º e 3º trimestre. (en galego)
-         Lectoescritura: La Galaxia de las letras. Editorial S.M.
Cuaderno Nº 1.
-         Inglés: Playschool  Starter. Editorial Oxford

·        4 ANOS


-         Proxecto Guau 4 anos. Editorial S.M.
1º, 2º e 3º trimestre. (en galego)
-         Lectoescritura: La Galaxia de las Letras. Editorial S.M.
Cuaderno Nº 2 e Nº 3. (versión pauta)
-         Inglés: Playschool  A . Editorial Oxford




·        5 ANOS


-         Proxecto Guau 5 anos. Editorial S.M.
1º, 2º e 3º trimestre. (en galego)
-         Lectoescritura: La Galaxia de las Letras. Editorial S.M.
Cuadernos  Nº4 , Nº5 e Nº6.(versión pauta)
Libro de lectura  Nº 1.
-         Inglés: Playschool  B.  Editorial Oxford

martes, 5 de xullo de 2016

ORLAS CURSO 2015-2016

Deixámosvos as orlas deste curso que xa rematou, para que o recordedes con moito agarimo
Estas son as dos nenos de infantil, cos que non podían faltar as súas mascotas Lúa, Oto e Bimba. Na parte de abaixo podedes ver as de todo o cole.

luns, 4 de xullo de 2016

MUÑECOS CRECEPELO

Dentro das moitas experiencias que levamos a cabo este curso nas aulas de infantil, unha das que máis nos gustou foron os muñecos crecepelo,podedes seguir paso a paso todo o que disfrutamos!!

MUÑECOS CRECEPELO by Slidely Slideshow

martes, 28 de xuño de 2016

REVISTA CARBOEIROS POSTAIS DE NADAL


Coma todos os anos, no final do curso recordamos aquelas actividades máis significativas do curso. A continuación podedes ver as postais que fixestes os nenos e nenas de INFANTIL do CEIP Castrelo do Val con todo o voso cariño, non deixades de sorprendernos ano tras ano! 
Noraboa artistas!

POSTAIS 3 E 4 ANOS
POSTAIS 5 ANOS

mércores, 22 de xuño de 2016

CELEBRAMOS OS CUMPLES DE VERÁN DA AULA DE 3-4 ANOS

Hoxe foi un día moi especial, pois ademáis de ser o último día de cole, algúns dos nen@s que cumplen anos durante o verán quixeron celebralo no cole cos seus amiguiñ@s. Moitísimas felicidades a AINARA, DIEGO e HUGO que rematan o seu primeiro ano no cole celebrando con nós os seus cumples.

luns, 20 de xuño de 2016

GRADUACION 6º INFANTIL





Os nenos/as de 6º de Infantil pronto imos pasar para Primaria polo que nos despedimos desta etapa cunha bonita canción que aprendemos coa profe. Enseguida a soubemos e cantámola con moita ilusión na nosa aula e agora gustaríanos compartila con toda a Comunidade Educativa. A que estamos moi guapos? 
Deunos moita pena que non estiveran dous alumnos: Gael e Valeria pero tamén incluimos fotos deles! 
Agora, despois de tanto esforzo, merecemos unhas boas vacacións para comezar o vindeiro curso con moitas, moitas ganas!
Grazas papás e mamás por axudarnos tanto!
Desexámosvos a todos/as un bo verán e esperamos cos brazos aos novos alumnos/as, que algúns xa os coñecimos o venres pasado!

BENVIDAS CURSO 2015-2016

Este curso que xa está rematando chegaron ao cole seis novos amiguiños, para comezar a vivir novas e emocionantes aventuras na compaña da súa mascota Lúa.
E despois dun ano de xogos, risas, algunha que outra bágoa, traballo, moito traballo... están preparados para iniciar o ano que ven unha nova aventura na clase de catro anos xunto co noso amigo Oto

venres, 17 de xuño de 2016

Visita ao Castelo de Monterrei


O pasado 9 de Xuño os alumnos/as e mestres/as do CEIP de Castrelo do Val visitamos o monumento máis significativo que temos na comarca: o castelo de Monterrei. No vídeo veredes a gran experiencia! Gustounos moito e aprendemos moitas cousas!

luns, 13 de xuño de 2016

PARABÉNS BLANCA!!

Hoxe, de novo, tivemos celebración na clase de 3-4 anos. A nosa compañeira Blanca cumpriu hoxe 5 aniños. MOITÍSIMAS FELICIDADES!!

CUMPLE BLANCA by Slidely Photo Gallery

mércores, 8 de xuño de 2016

EXCURSIÓN OPORTO

Como xa sabedes, o pasado 27 de Maio, visitamos o zoo de Vila Nova de Gaia, en Oporto. Foi unha experiencia moi divertida e disfrutamos moitísimo vendo todos os animais que había.

EXCURSIÓN OPORTO by Slidely Slideshow

PARABÉNS ESTHER!!

Hoxe na aula de 3-4 anos celebramos o aniversario dunha das nosas compañeiras. Moitísimas felicidades Esther!!

FELICIDADES ESTHER by Slidely Photo Gallery

martes, 31 de maio de 2016

ANIVERSARIOS DE MAIO 5 ANOS

PARABÉNS


No mes de Maio tivemos os cumples de dous dos nosos alumnos de 5 anos LUCAS BARJA e LUCAS SUÁREZ. Estes mociños xa cumpriron nada máis e nada menos que 6 ANOS!!! Os seus amiguiños fixéronlle uns preciosos debuxos con moito cariño!

domingo, 29 de maio de 2016

EXCURSIÓN AO ZOO DE OPORTO

Este venres pasado, 27 de Maio, os nenos/as de Castrelo do Val visitamos o país veciño para ir a un lugar moi especial, o zoo Santo Inácio en Vilanova de Gaia, Oporto 

Nesta ligazón podedes ver toda a información sobre o zoo e os animais que teñen nel, un montón de fotos cos datos de cada animal, para que os recordedes un pouco mellor e llos ensinedes ás vosas familias! Dentro de nada publicaremos fotos da visita. Pasámolo xenial!

sábado, 28 de maio de 2016

CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS!


LETRAS GALEGAS 2016 by Slidely Slideshow
Este ano conmemoramos a Semana das Letras Galegas con diferentes actividades, por aulas traballáronse actividades sobre a vida de Manuel María, por cursos aprenderon cancións e poesías do autor e logo entre todos fixemos un mural para poñer no cole con imaxes dos seus libros. E o día 18 pola tarde reunímonos todos no patio para recitar as poesías (os de infantil), e cantar as cancións (primaria). Despois fixemos un xogo de pistas no que por equipos tiñan que buscar unha medalla da súa cor que os levaría a unhas preguntas que debían responder ben. Tiñan toda a información nos diferentes carteis repartidos polo patio. Contestaron as preguntas correctamente e levaron un pequeno premio e as pezas dun puzzle coas que formarían o retrato de Manuel María. A actividade foi un éxito grazas a colaboración que houbo entre os membros dos grupos nos que se misturaban nenos/as dende Infantil ata 6º de Primaria!

Na seguinte ligazón podes descubrir moito máis sobre a vida e obra de Manuel María e actividades interactivas moi divertidas para os diferentes niveis
www.seminariogalan.org

puzzle 

mural
Manuel María

TEATRO A OURENSE

O venres 20 de maio,os nenos de infantil e do primeiro ciclo de primaria, fomos de excursión a Ourense para ver o teatro musical "15 PRIMAVERAS" de MAMÁ CABRA. O espectáculo tivo lugar no Auditorio e despois fomos comer ó Xardín do Posío, comemos nós e démoslle de comer ós parrulos do estanque... Foi un día moi divertido e aínda que para as catro xa estabamos de volta no cole, algunha das nosas pequenas princesas xa chegou durmindo.

TEATRO A OURENSE by Slidely Slideshow

mércores, 25 de maio de 2016

AS NOSAS EIRUGUIÑAS

Dende o comezo da primavera estamos vivindo moitas experiencias e unha delas e coidar das nosas eiruguiñas e ver como se converten en bolboretas
eirugas by Slidely Slideshow
Coa axuda das nosas familias ilustramos o conto da eiruga larpeira e os nenos máis maiores escribimos o texto. En cada clase temos un conto e aquí misturamos os dous para que vexades que chuli nos quedou

mércores, 18 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Así de bonito quedou o mural das letras galegas, ten un pouquiño de cada un de nós...

VISITAMOS ECOAGRO

Seguro que xa averiguastes onde era a publicación de fai uns días... Por se algún aínda anda despistado deixamosvos a reportaxe completa

VISITAMOS ECOAGRO by Slidely Slideshow

luns, 9 de maio de 2016

Mamás, papás, amiguiños/as... sabedes onde é esta foto?
Pronto vos contaremos e ensinaremos máis cousas sobre esta aventura! Foi toda unha experiencia!
Unha pista: está moi preto do noso cole!

GRAZAS CARMEN

Este venres vivimos un momento moi emotivo e especial. Despois de máis de trinta anos detrás dos fogóns da cociña do noso cole, á nosa cociñeira Carmen chegoulle o momento de descansar. A nós danos moita pena porque nos coidaba moito coas suas comidiñas, pero ten ben merecido o seu descanso. Para celebrar a súa xubilación fixémoslle un cadro decorado con todos os nosos dediños
Antes de entrar a saborear o seu último menú, cada un de nós foi deixando a súa pegada. E así de bonito nos quedou
Ademáis, como ela tamén deixou pegada en varias xeracións de profes e nenos, colgamos unha foto súa na cociña
Nin no seu último día de traballo se esqueceu de mimarnos e tróuxonos unhas lambonadas
MOITAS GRAZAS CARMEN E MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA

domingo, 1 de maio de 2016

FELIZ DÍA MAMÁS!!

Así de contentos saímos o venres do cole co regaliño para as mamás

Agardamos que vos gustara mamás.
FELIZ DÍA PARA TODAS!!