martes, 21 de decembro de 2021

FESTIVAL DE NADAL EDUCACIÓN INFANTIL 2021

 Aos pequen@s de Castrelo encántanos o nadal!! Este ano, de novo, vivímolo coas restriccións impostas polo virus, polo que o festival volve ser virtual. Aquí vos deixamos as actuacións de educación infantil, desexándovos unhas felices festas e un próspero 2022!!

3 ANOS



4 ANOS



5 ANOS


Podedes desfrutar do festival de nadal íntegro no blog xeral de educastrelo.com, premendo na seguinte ligazón FESTIVAL DE NADAL 2021

xoves, 16 de decembro de 2021

POSTAIS DE NADAL 4 ANOS

Non soamente traballamos no cole, na casa tamén o facemos, en familia!! Aquí vos deixamos as postais de Nadal da clase de 4 anos, cónstame que van cheas de bos desexos, apoio e moito amor. Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!


Este ano, se cabe aínda máis especiais, xa que a través da Asociación Española contra o Cancro, foron dirixidas aos valentes que reciben tratamento no hospital de Verín. 




 


domingo, 12 de decembro de 2021

XA CHEGA O NADAL!!

 Xa está aquí o Nadal  e na clase de 4 anos estamos traballando a pleno rendemento para festexar estas datas tan especiais. Como vos prometemos aquí tedes algunhas das manualidades que fixemos nestes días:

 
Os nosos calcetíns xa agardan colocados, xunto cos do resto de amigos do cole, a que Papá Noel teña en conta o ben que nos portamos!!


martes, 7 de decembro de 2021

PREPARANDO O NADAL!!

 Na clase de  4 anos temos moitas ganas de Nadal, encántannos as manualidades e cada día as facemos con máis paciencia, concentración e precisión. Levamos un par de semanas traballando con moita ilusión. Mirade que ben o facemos:




Estade atentos porque pronto veredes os resultados finais dos nosos adornos navideños!!


venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO: "DIFERENTES EN VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR"


 Hoxe conmémorase o Día Internacional das persoas con discapacidade, como xa sabedes no noso cole, levamos toda a semana facendo diferentes dinámicas nas aulas para tratar este tema.

Como actividade común, en cada aula vimos unha presentación preparada polo Equipo de Orientación na que a través das diferentes bolboretas vimos as múltiples capacidades que podemos ter cada un. 

Aos nen@s de 4 anos encantounos!! Agora entendemos que todos temos algo que nos custa moito facer e algo que nos encanta facer!!. Porque tod@s somos: DIFERENTES EN VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR.

Despois escribimos nunha bolboreta algo que nos encanta facer e decoramos a bolboreta de múltiples cores!





As nosas bolboretas quedaron así de preciosas:




martes, 30 de novembro de 2021

SEMANA DAS MÚLTIPLES CAPACIDADES

O próximo 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade. No noso cole estamos traballando nas diferentes aulas e adaptando a cada nivel, a semana das múltiples capacidades.

Na clase de 4 anos, comezamos onte vendo un corto que nos encantou: "Ian". Gustounos tanto que hoxe volvemos velo. Aquí o deixamos porque nos parece fermoso

é incrible a atención que prestamos, non perdemos un detalle...

Hoxe tocou conto, moi recomendable tamén:  "Ponte en mi lugar" Editorial Nube Ocho. Esta vez, en lugar de velo na pantalla, contóunolo a profe. Tamén nos gustou moito

Despois fixemos uns debuxos moi chulos sobre o conto:






venres, 26 de novembro de 2021

XA É NADAL EN INFANTIL

 En infantil xa estamos traballando a tope para decorar o nadal, hoxe ensinámosvos as portas das nosas aulas. Mirade que navideñas!!

3 ANOS


4 ANOS

5 ANOS





xoves, 25 de novembro de 2021

THANKSGIVING!!

 Hoxe ademáis do 25N, conmemoramos Thanksgiving!! No comedor comemos pavo e nas aulas traballamos sobre esta festa tan especial no país de Emily!! HAPPY TANKGIVING!!




25 N EN 4 ANOS

 


Para conmemorar o 25 N, vimos o conto : "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"


Despois de ver o conto coloreamos a Carlota, de todas as cores, menos de rosa, porque a Carlota non lle gustaba o rosa.
Falamos sobre o conto, sobre Carlota, sobre nós, sobre o que nos gusta facer e o que nos gustaría ser... e foinos fácil escoller as palabras para a actividade conxunta de todo o cole, cada equipo escolleu unha palabra, as palabras do que lle gustaba facer a Carlota: saltar, correr, brincar e viaxar.




luns, 15 de novembro de 2021

PARABÉNS NOA!!

 Hoxe Noa cumpriu 4 anos!! Para celebralo invitounos a merendar. Moitas grazas familia pola merenda. PARABÉNS PRINCESA!!



xoves, 11 de novembro de 2021

SAN MARTIÑO!!

 Aínda que xa festexamos o magosto o pasado venres, tendo un profe Martín no cole, sobrandonos castañas do outro día e gustándonos tanto a festa, non podíamos deixar de festexar o San Martiño no seu día!! A profe Mary e o profe Javi asaronnos as castañas e nós comémolas e desfrutamos da boa tarde de sol!! FELIZ SAN MARTIÑO!!


















sábado, 6 de novembro de 2021

MAGOSTO 4 ANOS 2021

 

Onte pasámolo en grande festexando o magosto! Aínda que sin mesturarnos e respectando as medidas Covid, celebrámolo con todos os nenos do cole. Comemos moito a xogamos aínda máis!! Foi un día moi intenso e inesquecible. Deixámosvos un montón de fotos que resumen o noso día.
 VIVA O MAGOSTO!!



venres, 5 de novembro de 2021

mércores, 3 de novembro de 2021

PREPARÁNDONOS PARA A SEGUINTE!!

 Imos de festa en festa e iso aos da clase de 4 anos encántanos!! Aínda estamos quitando as teas de araña do Samaín e xa comezamos a traballar para aseguinte celebración!!