Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 24 de xuño de 2022
FESTA FIN DE CURSO
martes, 21 de xuño de 2022
RESUMO DO NOSO 2º ANO NO COLE
Na clase de 4 anos vivimos un ano moi intenso, cheo de momentos que merecen ser recordados. No seguinte video intentei resumir o voso segundo ano no cole, foron moitos os momentos que pasamos xuntos, espero non terme olvidado de ningún... O que non vou esquecer é o ben que o pasamos xuntos e como facedes que cada día sexa un novo desafío. Grazas por tanto!
sábado, 11 de xuño de 2022
OS NOSOS CRECEPELOS!!
Neste trimestre, na clase de 4 anos, estamos traballando na horta e vendo como van madurando os amorodos, como medran as leitugas.... e tamén as herbas!! para ver día a día na aula que rápido medra a herba, cada un de nós fixo un boneco crecepelo, e vaia se lle medra o pelo!! tanto que xa tivemos que levalos á perruquería... a algúns encántanos eso de cortar o pelo, papás e mamás, tede coidadiño coas tesoiras!!
luns, 6 de xuño de 2022
PARABÉNS MELISSA!!
Onte a nosa SuperMelissa estivo de cumple, pero non quixo deixar de festexalo con nós e hoxe convidounos a merendar. Grazas!! PARABÉNS MELISSA!!
xoves, 2 de xuño de 2022
APRENDEMOS A COSER!!
Fai tempo que comezamos a practicar a costura, hoxe ensinámosvos o resultado. Cosemos peixes para decorar a nosa porta. Mirade que bonita nos quedou!
luns, 30 de maio de 2022
PARABÉNS NADIA!!
Hoxe Nadia cumpriu 5 anos!! Quixo compartilo con nós convidándonos a unha rica merenda . Moitas grazas!! Parabéns princesa!!
venres, 27 de maio de 2022
FACEMOS MARMELADA COS AMORODOS DA HORTA
Esta semana recollemos todos os amorodos que había na horta e decidimos facer unha doce marmelada de amorodo. Buscamos unha receita en internet, tomamos nota e seguimos todos os seus pasos. Hoxe tocou probar o rica que estaba!!!
xoves, 26 de maio de 2022
CONTACONTOS BANDULLO AZUL
martes, 24 de maio de 2022
VISITAMOS ECOAGRO E PLANTAMOS NO HORTO
Con tanta cousa que facemos tiñamos o horto algo abandonado...non pode ser!!
Esta mañá, puxémonos mans á obra: a primeira hora @s nen@s de 4 anos fomos ao Ecoagro, ali visitamos os invernadoiros, vimos moitas plantas, flores, árbores de xardín, e productos para o horto. Decidimos comprar fresas e leitugas. Xa de volta no cole, arrincamos as herbas malas que había no horto e recollemos coliflor para levarlle á cociña, que ricos van estar os purés!! e fresas, coas que imos intentar facer marmelada!!
Despois, xunto cos nen@s de 3 anos, plantamos as fresas e as leitugas que compramos no Ecoagro.
Foi un duro día de traballo!!
Moitísmas GRAZAS á xente de Ecoagro, que sempre nos reciben encantados e teñen moita paciencia con nós.
venres, 20 de maio de 2022
CARREIRA LETRAS GALEGAS
Hoxe participamos co resto do cole na carreira das letras galegas.
@s nen@s de 3 e 4 anos corremos xuntos na mesma categoría e os de 5 anos correron cos nen@s de 1º de primaria. Pasámolo xenial e cansámonos un pouquiño...
venres, 13 de maio de 2022
EXCURSIÓN INFANTIL 2022
Onte @s pequen@s de Castrelo ao completo fomos de excursión!! Despois de moito tempo volvemos a facer unha saída en bus e disfrutámola moitísmo!! Visitamos Lodoselo (CDR O Viso), onde aprendemos a facer pan en forno de leña e demos un paseo en burra! Despois visitamos a fábrica de patacas fritas Jaly´s en Xinzo de Limia, onde vimos de primeira man o proceso de lavado, pelado, fritura e empaquetado das deliciosas patacas fritas Jaly´s. Temos que agradecer a todo o persoal de Jaly´s e en especial a Pablo, pola súa acollida, a paciencia demostrada e o cariño co que nos trataron. Foi unha experiencia inesquecible. Dende agora as Jaly´s estarán sempre nas nosas festas!!
A continuación deixámosvos uns vídeos resumo por clase, nos que veredes que ben o pasamos !!
mércores, 11 de maio de 2022
CONTACONTOS
Hoxe os pequen@s de infantil e os nen@s de 1º e 2º de primaria disfrutamos dunha sesión de contacontos en galego, a cargo de Sabela Gago. Pasámolo en grande e comezamos así coas diferentes actividades para conmemorar as letras galegas.
PARABÉNS IRIS!!
Hoxe Iris está de cumple e para festexalo convidounos a merendar unhas ricas rosquillas que fixo co seu papá. Moitísimas grazas por compartilo con nós. PARABÉNS PRINCESA!!
mércores, 4 de maio de 2022
PARABÉNS ZELTIA!!
Hoxe na clase de 4 anos festexamos que Zeltia se fixo un pouquiño máis maior, xa van 5!!! Moitas grazas por convidarnos a merendar!! motisímas felicidades princesa!!
domingo, 1 de maio de 2022
FELIZ DÍA MAMÁS
Seguro foi un día xenial e segurísimo que ás mamás lle encantaron os regaliños que prepararon os peques con toda a paciencia e o amor do mundo. En cada letra, en cada pegada, e en cada boliña hai moito cariño e ilusión porque : MAMÁS QUERÉMOSVOS CADA DÍA E PARA SEMPRE!!
venres, 29 de abril de 2022
MEU AMOR
Aproveitando o día da nai traballamos o conto: "Mi amor" da editorial Kokinos. Gustounos moito e serviunos de inspiración para facer o noso regalo do día da nai. Traballamos moito e con moita ilusión, a mesma coa que imos aguantar ata o domingo para entregar os regaliños ás nosas mamás. Hoxe pedímoslle que vexan con nós o conto
luns, 25 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO: OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS
O pasado sábado foi o día do libro, no cole de Castrelo, decidimos conmemorar esta data tan importante escollendo o libro/conto preferido de cada unha das aulas e replicando a súa portada con diferentes técnicas plásticas. Aquí tedes os contos preferidos dos nen@s de infantil
3 ANOS: O conto preferido dos nen@s de 3 anos é : "Monstruo Rosa", de Olga de Dios. Editorial Apila
martes, 12 de abril de 2022
TORTIÑAS DE PASCUA!!
Para despedir o trimestre na clase de 4 anos decidimos darnos un capricho e fixemos tortiñas de pascua. Pasámolo xenial facéndoas e moito máis aínda coméndoas!! Dende a clase de 4 anos desexámosvos unha moi FELIZ E DOCE PASCUA!!!
venres, 8 de abril de 2022
GRAZAS EASTER BUNNY!!!
Esta mañá cando chegamos ao cole... sorpresa e emoción!! Por fin o easter bunny pasou pola nosa clase!! A profe pensaba que ao final non pasaría e xa nos tiña comprado uns oviños por si acaso ...e claro, tivemos que comelos tamén para que non se estropearan... pero eran moito máis pequenos que os que nos deixou o easter bunny. GRAZAS EASTER BUNNY!!
xoves, 7 de abril de 2022
AGARDANDO A EASTER BUNNY!!















































