venres, 31 de maio de 2019

PARABÉNS XABIER!!

Hoxe un dos nosos pequenos, xa deixa de ser tan pequeno e celebra o seu último cumple en infantil. Moitísimas grazas a Xabi e a súa familia por compartir unha riquísima merenda con nós.

martes, 28 de maio de 2019

OS NOSOS GRADUADOS!!

Na clase dos maiores seguimos preparando todo para despedirnos de infantil como nos merecemos.
Hoxe rematamos os nosos murales e colgámolos no pasillo de infantil, ese polo que pasamos tantas veces ao día para chegar á nosa clase  e  polo que a partir de setembro xa non será tan habitual vernos..aínda que a profe espera algunha visitiña de vez en cando!!




sábado, 25 de maio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!

Onte @s nen@s do cole de Castrelo fomos de excursión ao centro de ocio Acougo, para disfrutar dun día de actividades en contacto coa natureza. Aquí tedes un pequeno resumo en fotos das actividades que fixemos.

xoves, 23 de maio de 2019

ESTREAMOS PORTA!!


Na clase dos maiores estreamos decoración da nosa porta. Aos  de 5 anos quédanos un mes en infantil e imos celebralo como se merece, porque somos uns campións!!

xoves, 16 de maio de 2019

EN GALEGO NOSO O MUNDO É!!!


Unha das moitas actividades que fixemos este ano para o día das Letras Galegas foi aprender a canción de Brinca vai: "Meu o mundo é", entre tod@s gravamos o seu video.

Aquí tedes o resultado, como vedes, pasámolo xenial!!:

 

XINCANA LETRAS GALEGAS

Xa comezamos pola mañá coa feira do libro e de tarde seguimos coas celebracións facendo unha xincana sobre Antón Fraguas, o autor homenaxeado este ano,como fin de festa contamos co son das gaitas en directo!! Mirade que tarde tan divertida pasamos!!

FEIRA DO LIBRO

@s nen@s do cole de Castrelo levamos varios días xuntando eurocastrelos para poder mercar libros na Feira do Libro que celebramos dentro dos actos para conmemorar o dDía das Letras Galegas. Hoxe cos petos cheos de eurocastrelos mercamos moitos libros para levar para a nosa casiña e rematamos a feira dun xeito moi doce: comendo bica!!

PARABÉNS RUBÉN!!

Hoxe Rubén cumpre 5 aniños e quixo celebralo con nós convidándonos a unha rica merenda. Moitas grazas familia. PARABÉNS RUBÉN!!


luns, 13 de maio de 2019

PARABÉNS NEREA!!

Hoxe unha das nosas pequenas máis pequenas está de cumple e celebrámolo merendando no parque do Terrón. Grazas pola merenda!!



luns, 6 de maio de 2019

PLANTAMOS AMORODOS!!

Como xa sabedes hoxe fomos de compras ao Ecoagro, entre outras cousas, mercamos amorodos, xa no cole, plantámolos na nosa horta, e como algúns xa tiñan froito xa os probamos...que ricos!!
Mirade que ben os plantamos!

DE COMPRAS NO ECOAGRO

Esta maña @s pequen@s de Castrelo fomos de compras ao Ecoagro para plantar o noso horto, coñecer os tipos de plantas, flores e  árbores.. Aprendemos moito e pasámolo xenial!!
Deixámosvos algunhas fotiños
















domingo, 5 de maio de 2019

FELIZ DÍA MAMIS!!

Seguro que xa todas abristes os vosos agasallos e estamos moi seguras de que vos encantaron, podemos decirvos que foron feitos con todo o amor e  a ilusión que vos merecedes. Feliz día SUPER MAMÁS!!

Estes foron os agasallos que fixemos @s pequen@s de Castrelo para as nosas mamás:

3 ANOS


 4 E 5 ANOS





venres, 3 de maio de 2019

QUE SERAAAA...

Así de contentos marcharon hoxe @s pequen@s de Castrelo cos regaliños para as súas mamis



De momento solo vos podemos ensinar as bolsas..

 Bolsa d@s nen@s de 3 anos


Bolsa d@s nen@s de 4 e 5 anos


A ver quen aguanta ata o domingo...xa nos contaredes...