venres, 19 de xuño de 2026

FESTA DE FIN DE CURSO!!


O curso chega ao seu fin e en Castrelo gústanos demasiado a festa! Así que para rematar por todo o alto, tivemos unha festa no parque do Terrón, chea de auga, espuma e guerra con pistolas de auga! 
Non o puidemos despedir mellor, vémonos en setembro, a desfrutar moito deste verán!





 

Resumo do curso 25-26

 A clase de 3 e 4 anos traballou un montón este curso, e aquí podedes ver un resumo! Pero sobre todo, xogamos, fixemos un súper equipo e crecemos como persoas cheas de valores. Moitas grazas por cada un dos vosos sorrisos e por cada unha das vosas apertas cheas de amor, vémonos o curso que vén!!

E tamén, grazas a vós, familias, polo apoio, a inmensa colaboración e a confianza!! Pasade moi bo verán!





PARABÉNS GRADUADOS!!


 Onte, os maiores de infantil despediron unha das etapas máis bonitas e especiais das súas vidas. Foi unha tarde chea de emocións e sentimentos encontrados que quedará para sempre gravada nos nosos corazóns. No seguinte vídeo está o resumo de tres anos marabillosos

E como grandes estrelas, festexaron o paso a primaria:





mércores, 17 de xuño de 2026

MOITOS PARABÉNS MARCO E CANDELA!!

 


Hoxe Marco e Candela, que cumplen no verán, celebraron os seus 5 e 4 anos respectivamente!! Trouxéronnos unha rica tarta que desfrutamos entre todos! Moitísimas grazas!! Estaba boísima!!

PARABÉNS PAULA!!

Hoxe Paula quixo festexar o su cumple con nós! PARABÉNS PAULA!!



martes, 16 de xuño de 2026

venres, 12 de xuño de 2026

PARABÉNS NAHIA!!

 Hoxe Nahia quixo festexar con todos os seus amigos de infantil que este verán vai cumprir 5 anos!!

PARABÉNS NAHIA!!



luns, 1 de xuño de 2026

SOMOS ARTISTAS E CIENTÍFICAS/OS!!

 Os e as artistas famosos e os experimentos chegaron a castrelo estas dúas últimas semanas! Canto estamos aprendendo coas profesións!!





RECOLLEMOS FRESAS E LEITUGAS!!


Comezamos a mañá recollendo os frutos do noso horto! Ademais de leitugas…hoxe xa puidemos coller unhas ricas fresas! Menuda sorte!!



sábado, 30 de maio de 2026

EXCURSIÓN MAGIKLAND (INFANTIL)


 Onte disfrutamos moitísimo na nosa excursión  de fin de curso. Foi o premio a un ano cheo de aventuras e novas aprendizaxes. Un día moi intenso, no que nos portamos xenial e pasámolo en grande!!



mércores, 27 de maio de 2026

COMEZAMOS A CONTA ATRÁS...


Para os maiores de infantil comeza xa a conta atrás, estamos preparando con moita ilusión a nosa graduación e vivindo intensamente o noso último mes coma pequen@s de Castrelo...








PARABÉNS DYLAN!!

Hoxe Dylan está de aniversario!! Cumple 4 anos xa e tróuxonos unha tarta riquísima!! Moitos parabéns!


luns, 25 de maio de 2026

LEITUGAS FRESQUIÑAS!!

Esta mañá os nenos de infantil fomos ben cediño á nosa horta para recoller as leitugas que comeremos hoxe no comedor. Estaban moi fresquiñas!! 



CONTACONTOS CON SABELA GAGO!

Para comezar ben a semana, tivemos a sorte de contar con Sabela Gago! Unha contacontos coa que non paramos de rir! Moitas grazas!!





venres, 22 de maio de 2026

INCUBAMOS OVOS!!

 

Nas aulas de infantil, seguimos aplicando os nosos coñecementos  sobre os animais, agora tócalle ás aves. Despois de investigar moito, sobre o proceso, esta semana, seleccionamos coidadosamente os ovos e puxemos en funcionamento a nosa incubadora. Estamos levando un control diario de temperatura e humidade e se todo vai ben ... en xuño nacerán os nosos poliños.....



xoves, 21 de maio de 2026

COIDAMOS DOS NOSOS CÁGADOS!!

Nas aulas de infantil aprendemos moito sobre os animais, e algo que nos chamou moito a atención cando vimos os anfibios, foi que poñen os ovos na auga e os abandonan... e dese pequeno ovo, logo de moitos cambios, sale unha ra!! Rescatamos uns cágados dunha pequena charca que se estaba secando e estámolos coidando nas nosas clases. Non hai mellor maneira de aprender que poder observar como van cambiando....



martes, 19 de maio de 2026

GUSANOS DE SEDA!

 Ao cole de Castrelo xa chegaron os gusanos de seda! As nenas e os nenos de infantil teremos que coidalos día a día para ver como van crecendo e realizando a súa metamorfose… manterémosvos informados! 





luns, 18 de maio de 2026

SOMOS CONSTRUTORES/AS E MECÁNICAS/OS

Estas dúas últimas semanas na clase de 3 e 4 estivemos a aprender ao redor de dúas profesións: mecánicos/as e construtores. Aquí tedes un pequeno resume de todo o que estamos a traballar!


venres, 15 de maio de 2026

DÍA DA FAMILIA!

 Hoxe, día 15 de maio, é o día da familia, e para celebralo, as nenas e os nenos de infantil estiveron facendo uns posavasos moi especiais!

Esperamos que vos gusten!!






CARREIRA LETRAS GALEGAS (INFANTIL)


Hoxe no cole festexamos as letras galegas, como xa é tradición, correndo pola nosa lingua!
O importante foi sempre participar e a falta de medallas para todos, porque soamente as levaron os tres primeiros, todos quedamos co sabor doce dunha piruleta!!

 

 



xoves, 14 de maio de 2026

RECOLLEMOS NO HORTO!!

 

Hoxe recollemos as primeiras leitugas do noso horto!! Levámosllas ao noso cociñeiro para que mañá as podamos comer no comedor.



mércores, 13 de maio de 2026

VISITAMOS A FURGOTECA!

 

Hoxe no cole de Castrelo tivemos a oportunidade de visitar a furgoteca! Chea de contos, revistas e periódicos súper chulos, pasámolo en grande!





mércores, 6 de maio de 2026

PARABÉNS SIMÓN!!

 


Hoxe tivemos cumple no cole!! 

Simón tróxunos unha riquísima tarta de Nutella para celebrar os seus 4 anos!! 

Moitos parabéns!!

martes, 5 de maio de 2026

SOMOS POLICÍAS E MÉDICOS/AS

Estas dúas semanas na clase de 3 e 4 estivemos a centrarnos nas profesións de médicos/as e policías, que ben o pasamos e canto aprendemos!!




xoves, 30 de abril de 2026

CONCERTAZO DE PAKOLAS!!

 


Para comezar a ponte como se merece, hoxe no noso cole tivemos un súper concerto a cargo de Pakolas!! Regalazo da nosa ANPA para todo o cole, GRAZAS!! Pasámolo xenial!!



VISÍTANNOS 3 AMBULANCIAS!!



Para comezar o día de hoxe, tivemos unha visita moi especial! O papá de Enzo López, Óscar, e dous dos seus compañeiros trouxeron tres ambulancias ao cole!!

Os que quixemos, puidemos subir nas ambulancias e ver como son por dentro, poñer os chalecos e cascos, facer soar a sirena, medir o noso nivel de osíxeno en sangue, escoitar o corazón, ver as diferencias entre as ambulancias e aprender para que serve cada unha... e un montón de cousas máis!!

Moitísimas grazas aos 3 por esta oportunidade!! Aprendemos un montón!!







mércores, 29 de abril de 2026

APICULTORES POR UN DÍA!!

 

Hoxe os nenos e nenas de infantil tivemos a sorte de poder contar con Vicente, o papá de Vera, que nos explicou en que consiste o traballo dun apicultor e un montón de curiosidades sobre as abellas. Así completamos as nosas aprendizaxes sobre as profesións e os animais que estamos traballando en cada clase.

Ademáis de ensinarnos un montón de cousas, puidemos achegarnos un pouco ao traballo dos apicultores: probamos a xelea real, o pole e o mel, quitamos a cera do panal, centrifugamos para que saira o mel, fixemos velas coa cera das abellas, coamos o mel e metémolo en pequenos botes que levamos para que proben na casa.

Foi unha experiencia inesquecible para todos nós! Moitas grazas Vicente pola túa paciencia e agarimo!!



xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO!

 Menuda tarde pasamos hoxe máis divertida!! 

Para celebrar o Día do Libro, no cole de Castrelo decidimos facer un apadriñamento lector entre os máis maiores do cole e os máis peques, e para facelo máis divertido, fixémolo tipo picnic e puidemos traer coxíns, toallas e mantas da casa!!

Cada alumno/a de 5º e 6º de Primaria leulles contos durante a última hora a un grupiño de 3-4 peques, estiveron súper antentos e pasáronno xenial!!




luns, 20 de abril de 2026

venres, 17 de abril de 2026

COMEZAMOS CO PROXECTO DAS PROFESIÓNS!

 Na clase de 3 e 4 anos estamos súper emocionados/as co novo proxecto! Comezámolo a primeira semana centrándonos nos/nas deportistas, e esta semana tocaron os bombeiros/as!! Aquí tedes un pequeno resumo:



PARABÉNS ANA!!

 Na clase de 3 e 4 anos hoxe celebramos os 5 anos de Ana, que nos trouxo unha riquísima tarta de unicornio!! Moitos parabéns!!




martes, 14 de abril de 2026

PLANTAMOS 50 CARBALLOS!

No día de hoxe tivemos unha actividade moi especial! Viñeron a vernos as integrantes do CDR Portas Abertas para reflexionar con nós sobre as causas e consecuencias dos incendios.

Estivéronnos explicando por que se causan e como se poderían evitar, e unha das conclusións ás que chegamos é replantar con árbore autóctono... así que puxémonos mans á obra!! 

Todo o centro acercámonos á zona das piscinas do noso concello para, entre todos/as, plantar nada máis e nada menos que 50 carballos!!

Ademais, despois de merendar e coller forzas, fixeron un experimento para explicarnos como filtra e limpa a auga a terra dependendo de si está queimada ou non... Como aprendemos e que ben o pasamos!!






mércores, 8 de abril de 2026

martes, 7 de abril de 2026

VISÍTANNOS DOUS XOGADORES DE HOCKEY

 Para voltar á rutina con ganas, tivemos unha sorpresa! Dous xogadores de hockey, Alberto do "Hockey Club Verín" e Yaseen do "Cidade de Ourense" viñeron ao cole a visitarnos e explicáronnos as peculiaridades deste deporte! 

Moitas grazas!!











sábado, 28 de marzo de 2026

Rematamos o proxecto dos animais!

 Nestas derradeiras semanas do trimestre as nenas e os nenos de 3 e 4 anos estivemos a profundizar sobre os animais da selva e da sabana, e con esto damos por rematado o proxecto dos animais!! Toca preparase para o seguinte trimestre: as profesións!!




venres, 27 de marzo de 2026

DESPEDIMOS O SEGUNDO TRIMESTRE!!



Os nenos e nenas de infantil levamos xa unhas semanas preparándonos para a chegada do Easter Bunny, fixemos manualides para que nos deixe os ovos e decorando as bolsiñas...



Hoxe para merendar preparamos unhas brochetas deliciosas...


Ademais, participamos na búsqueda de ovos, xunto co resto de clases do cole:






luns, 23 de marzo de 2026

martes, 17 de marzo de 2026

VISITAMOS O ECOAGRO

 


Esta mañá os nenos de infantil e primeiro de primaria visitamos o ECOAGRO para mercar as plantas que imos por na nosa horta. Aproveitamos para ver as diferentes plantas de horto, decorativas, aromáticas, de xardín... demos unha volta polos invernadoiros e estivemos moi atentos ás explicacións que nos daban Laura e Lucía, que coma sempre tiveron moita paciencia con nós. GRAZAS!!

Xa de volta no cole, plantamos as leitugas, cebolas, fresas e plantas aromáticas que trouxemos. Foi un día moi intenso...




luns, 9 de marzo de 2026

Continuamos cos animais do mar e do deserto!

 Estas semanas as nenas e os nenos de 3 e 4 anos seguimos profundizando no proxecto dos animais, concretamente cos do mar e o deserto, canto estamos a aprender!!