Amosando publicacións coa etiqueta curso 24-25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 24-25. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2026

CONCERTAZO DE PAKOLAS!!

 


Para comezar a ponte como se merece, hoxe no noso cole tivemos un súper concerto a cargo de Pakolas!! Regalazo da nosa ANPA para todo o cole, GRAZAS!! Pasámolo xenial!!



martes, 23 de setembro de 2025

ESPECTÁCULO DE MAXIA!

 




No día de hoxe, e grazas á ANPA do centro, tivemos un espectáculo de maxia incríble! 

Primeiro o grupo de infantil e 1º e 2º de Primaria e, despois, de 3º a 6º, puidemos disfrutar dun ratiño de maxia da man de Coeducontando, onde o noso mago e a nosa maga nos ían facendo trucos de maxia asombrosos ao tempo que nos explicaban acerca das magas e magos máis famosos ao longo dos séculos.

Encantounos!! Moitas grazas!!


Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á nosa ANPA pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, cos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.



venres, 20 de xuño de 2025

FESTA DE FIN DE CURSO!!

Hoxe os Pequen@s de Castrelo desfrutamos en grande do noso último día de curso: colchoneta, espuma, tirolina, parque, auga, calor, pizza, xeados.... Foi un día moi especial para festexar o fin do curso 24-25. Desfrutade do verán pequen@s!! 


xoves, 19 de xuño de 2025

GRADUADOS 2025

 

Onte vivimos unha tardiña moi especial, a graduación dos nenos e nenas de 5 anos. Despois de 3 anos en infantil, en setembro inician a primaria.

Eric, Paloma, Leo, Adrián e María, xa pecharon unha das etapas máis bonitas e coloridas das súas vidas, que as profes intentamos resumir no seguinte vídeo, cheo de recordos e momentos especiais:

Eles dixeronlles adeus a infantil dunha forma moi divertida, na que contaron coa axuda dos que foron os seus compañeiros durante os dous últimos anos, aquí tedes o resultado, MAMMA MÍA, marchan a primaria!!







PARABÉNS PAULA, LEO , ADRI E CARLOTA!!

Hoxe na clase de 4 e 5 anos festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumplirán durante o verán!! Parabéns chicos!!


 

venres, 13 de xuño de 2025

CONTACONTOS CON CARMEN PENIM

 Hoxe os pequen@s de Castrelo, xunto cos nosos compañeiros de 1º, 2º e 3º de primaria,  divertímonos coas historias da Fraga de Psacorrendo, de Carmen Penim. Unha actividade progaramada pola ANPA do noso centro. Pasámolo xenial!



martes, 3 de xuño de 2025

Contacontos con Sabela Gago




 Hoxe as nenas e os nenos de Infantil tamén tivemos a sorte de ter unha contactontos con nós! 

A marabillosa Sabela Gago compartiu a historia de un neno chamado Martín coa que non paramos de rir e cantar! Moitas grazas Sabela!!





TRABALLAMOS NO HORTO

Os pequenos de Castrelo estamos moi implicados no horto. Fai unhas semanas, na clase de 4 e 5 anos, fixemos uns espantallos para as fresas,xa que aos paxaros gústanlle tanto coma nós. Hoxe todos os nenos de infantil, arrincamos as malas herbas , regamos e recollemos as primeiras leitugas, que xa comemos hoxe no comedor! estaban boísimas!  


PREPARANDONOS PARA A GRADUACIÓN!

Os compañeiros de 5 anos, comezan o seu último mes en infantil! Para ir ambientandonos para a graduación, xa comezamos a decorar o cole coas súas estrelas!





 

sábado, 24 de maio de 2025

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!


 Onte os Pequen@s de Castrelo fomos, xunto co resto do cole, a Magikland!! Foi un día de risas e  diversión no que nos portamos xenial e disfrutamos moitísmo!!



sábado, 17 de maio de 2025

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Se pola mañá fixemos a carreira das letras galegas, pola tarde puidemos desfrutar dun obradoiro de instrumentos e música tradicional galega da man do profe Ramón e da nosa profe Luísa.
Foi unha tarde moi divertida na que ademáis, o grupo de pandeireta do cole nos animou coas súas cantigas.
Moitísmas grazas Ramón e Luísa, sodes xeniais! É un pracer tervos no noso cole!



 

venres, 16 de maio de 2025

IV CARREIRA LETRAS GALEGAS 2025

 


Como xa é habitual nos últimos anos, hoxe celebramos a Carreira da Letras Galegas, onde o máis importante sempre é participar e ter unha actitude deportiva. Houbo agasallos para todos... e medallas para os tres primeiros de cada categoría. PARABÉNS PARA TODOS!!



xoves, 15 de maio de 2025

DÍA DA FAMILIA

 Hoxe os pequen@s de Castrelo conmemoramos o día da familia, facendo uns bonitos agasallos, porque as nosas familias son o máis importante.

Aprendemos que pode haber familias moi diferentes, todas as nosas familias son mooi diferentes pero o máis importante é que o amor sempre está aí. 

Feliz día da familia para todos pero sobre todo para as nosas familias, as familias dos Pequenos de Castrelo!





O ENFADO

 

Os pequen@s de Castrelo seguimos traballando as emocións... hoxe deixámosvos o video dunha das emocións que experimentamos moooitas veces, sobre todo cando as cousas non saen como nós queremos. Como a coñecemos moi ben, soubemos representala á perfección, mirade as nosas caras de ... enfado!



mércores, 14 de maio de 2025

Contacontos coa Furgoteca!



 Comezamos as actividades da semana das Letras Galegas cun contacontos da man da Furgoteca!

 O Bardo Abelardo estivo con todo o centro e coas Casas Nido do concello de Castrelo (As avelaíñas e Cuquiños) deleitándonos cun montón de contos e cantigas centrados no coidado da terra. 

Non paramos de cantar!! 




domingo, 4 de maio de 2025

FELIZ DÍA MAMÁS!!

 Hoxe queremos felicitar a todas as mamás, pero dunha forma especial ás nosas!

Levamos xa un tempo preparando o seu agasallo con moito amor e gardando o segredo con moita ilusión. Estamos seguros que vos encantou! FELIZ DÍA MAMÁS!






mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO!


 




Hoxe día 23 de abril celébrase o día do libro!!

Para conmemoralo, cada neno e nena do colexio elexiu o seu libro favorito e escribiuno ao longo dun lazo que colgamos na barandilla do colexio, así todos podemos saber cales son os libros favoritos dos nosos compañeiros/as! Quedaron súper chulos e coloridos!

Tamén aproveitamos e levamos para casa uns fermosos marcapáxinas!









martes, 22 de abril de 2025

PARABÉNS ARIA!!

 

Comezamos o terceiro trimestre celebrando o cumple de Aria!! PARABÉNS ARIA!!

Parabéns Ana!!

 


Hoxe celebramos o aniversario de Ana que cumpriu 4 anos durante as vacacións de Semana Santa. Convidounos a unha deliciosa torta de unicornios! Moitas gracias e moitos parabéns!