Amosando publicacións coa etiqueta actividades cole. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades cole. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de maio de 2025

Contacontos coa Furgoteca!



 Comezamos as actividades da semana das Letras Galegas cun contacontos da man da Furgoteca!

 O Bardo Abelardo estivo con todo o centro e coas Casas Nido do concello de Castrelo (As avelaíñas e Cuquiños) deleitándonos cun montón de contos e cantigas centrados no coidado da terra. 

Non paramos de cantar!! 




mércores, 2 de abril de 2025

Día Mundial da concienciación sobre o Autismo!

 


O día 2 de abril é o Día Mundial da concienciación sobre o Autismo!

No noso cole, celébramolo de diversas maneiras.

Por unha banda, trouxemos todos e todas unha prenda azul, porque é a cor do Autismo.

No cole, vimos un vídeo no que un neno con autismo lles explica aos demais como se sinte. Podedes velo aqui!


Tamén fixemos pulseiras cada un de nós e, entre todo o centro, unímonos e traballamos en equipo para formar un infinito (símbolo do Autismo)!!






domingo, 20 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS

Hoxe remata unha semana moi especial, na que traballamos e aprendemos moitas cousas sobre María Victoria Moreno, a homenaxeada este ano no día das letras galegas. O venres pola tarde foi o día que eleximos para festexar tod@s xuntos, despois de aprender durante a semana detalles sobre a vida e obra da autora nas distintas aulas e según os niveis. Mirade que ben o pasamos na xincana sobre María Victoria Moreno e como no noso cole participamos dende os máis pequenos ata os máis maiores na mesma actividade e desfrutamos xuntos un montón!!