Amosando publicacións coa etiqueta aula 3 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aula 3 anos. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de maio de 2025

Contacontos coa Furgoteca!



 Comezamos as actividades da semana das Letras Galegas cun contacontos da man da Furgoteca!

 O Bardo Abelardo estivo con todo o centro e coas Casas Nido do concello de Castrelo (As avelaíñas e Cuquiños) deleitándonos cun montón de contos e cantigas centrados no coidado da terra. 

Non paramos de cantar!! 




martes, 22 de abril de 2025

Parabéns Ana!!

 


Hoxe celebramos o aniversario de Ana que cumpriu 4 anos durante as vacacións de Semana Santa. Convidounos a unha deliciosa torta de unicornios! Moitas gracias e moitos parabéns!

mércores, 26 de febreiro de 2025

MANUALIDADES DO ENTROIDO

 



Nas clases de 3 e 4 anos estivemos traballando moito estes días de Entroido! Fixemos un montón de manualidades!

Os nenos e nenas da clase e 3 anos fixeron unhas máscaras de cigarrón e uns paiasos coas súas mans!



A clase de 4 e 5 anos decantámonos por uns antifaces! Non se nos recoñecía!






 

DÍA DE ROSALÍA

 


O martes celebramos o día de Rosalía, que cuadrou a domingo (23 de febreiro). Para coñecer máis sobre esta muller tan relevante na nosa vida, estivemos cantando unha canción moi pegadiza!!

Tamén, conxuntamente con todo o centro, fixemos un crebacabezas coa súa cara, na que cada nivel pintou unha parte dunha cor diferente, quedou guapísima!













 

venres, 14 de febreiro de 2025

SAN VALENTÍN!

 


Ao longo desta semana en Infantil estivemos traballando ao redor do amor! 

Fixemos manualidades, lemos contos, explicamos que é para nós o amor, o respecto, a amizade... 






E para rematar a semana, entre todos e todas fixemos un delicioso biscoito con forma de corazón! 

Estaba boíííísimo!







venres, 31 de xaneiro de 2025

Semana da Paz na aula de 3 anos


 Este é un pequeno resumo dalgunhas das actividades feitas durante esta semana. Convertímonos en pintores, buscamos palabras do corpo que estamos a traballar e tamén fixemos unha pomba da paz.... Foi unha semana moi completa!