Amosando publicacións coa etiqueta clase 4e 5 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clase 4e 5 anos. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de novembro de 2025

CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN!


 

Hoxe o alumnado de infantil do cole de Castrelo tivemos a sorte de contar con Uxía Morán: unha contacontos que nos viu teatralizar dous contos centrados na igualdade (Guapa e Maruxa)!!

Que risas botamos!!

 
 
Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á ANPA do noso centro pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, cos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. 

venres, 7 de novembro de 2025

COÑECEMOS COMO É POR DENTRO UN COCHE DA GUARDIA CIVIL!

No cole de Castrelo somos moi afortunados! Dentro do proxecto dos transportes do alumnado de 3 e 4 anos, hoxe tivemos unha visita duns guardias civís moi xenerosos! 

Os alumnos/as de infantil e de 1º de Primaria puidemos ver como é un coche da Guardia Civil, os que quixemos montámonos nel, puxemos as sirenas, falamos polo altavoz, usamos os diferentes instrumentos... Pasámolo súper ben!

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!




venres, 31 de outubro de 2025

SEMANA DE SAMAÍN-HALLOWEEN N AULA DE 4 E 5 ANOS!!



 Esta semana foi moi especial nas aulas de infantil e estivo chea de actividades, manualidades e experiencias moooi divertidas ....


mércores, 29 de outubro de 2025

AMBIENTES DE SAMAÍN!



 Hoxe  tivemos unha súper sorpresa terrorífica! As aulas de infantil convertéronse en dous ambientes moi diferentes! Na clase da profe Betty había unhas cabazas cheas de cousas asquerosas: ovos, maicena, telarañas, orbits... onde tiñamos que meter as mans sen mirar e adiviñar que elementos de Samaín había dentro! 

Na clase da profe Cris lemos un conto de medo que brillaba con luz negra: "Los calzoncillos terroríficos"! E polo medio das dúas aulas... un túnel do terror! Menuda mañá chea de sustos!!




PARABÉNS GORKA!!

 Gorka xa cumpriu 5 anos!! Hoxe quixo festexalo con nós, PARABÉNS GORKA!!!




venres, 17 de outubro de 2025

xoves, 25 de setembro de 2025

IMOS DE VENDIMA!

 


Menuda aventura tivemos hoxe!! As nenas e os nenos de Infantil tivemos a oportunidade de ir vendimar moi preto do cole,  coa Bodega Manuel Vázquez Losada da D.O. de Monterrei! Recollemos un montón de racimos entre todos, 3 caixas!! 

Xa de volta no cole, puidemos probalas para merendar e aproveitamos para traballar conceptos matemáticos como o conteo ou as decenas. 

Moitas grazas pola vosa axuda Cecilia e Bodega Manuel Vázquez Losada!




martes, 23 de setembro de 2025

ESPECTÁCULO DE MAXIA!

 




No día de hoxe, e grazas á ANPA do centro, tivemos un espectáculo de maxia incríble! 

Primeiro o grupo de infantil e 1º e 2º de Primaria e, despois, de 3º a 6º, puidemos disfrutar dun ratiño de maxia da man de Coeducontando, onde o noso mago e a nosa maga nos ían facendo trucos de maxia asombrosos ao tempo que nos explicaban acerca das magas e magos máis famosos ao longo dos séculos.

Encantounos!! Moitas grazas!!


Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á nosa ANPA pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, cos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.



xoves, 19 de xuño de 2025

GRADUADOS 2025

 

Onte vivimos unha tardiña moi especial, a graduación dos nenos e nenas de 5 anos. Despois de 3 anos en infantil, en setembro inician a primaria.

Eric, Paloma, Leo, Adrián e María, xa pecharon unha das etapas máis bonitas e coloridas das súas vidas, que as profes intentamos resumir no seguinte vídeo, cheo de recordos e momentos especiais:

Eles dixeronlles adeus a infantil dunha forma moi divertida, na que contaron coa axuda dos que foron os seus compañeiros durante os dous últimos anos, aquí tedes o resultado, MAMMA MÍA, marchan a primaria!!







PARABÉNS PAULA, LEO , ADRI E CARLOTA!!

Hoxe na clase de 4 e 5 anos festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumplirán durante o verán!! Parabéns chicos!!


 

martes, 3 de xuño de 2025

Contacontos con Sabela Gago




 Hoxe as nenas e os nenos de Infantil tamén tivemos a sorte de ter unha contactontos con nós! 

A marabillosa Sabela Gago compartiu a historia de un neno chamado Martín coa que non paramos de rir e cantar! Moitas grazas Sabela!!





mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO!


 




Hoxe día 23 de abril celébrase o día do libro!!

Para conmemoralo, cada neno e nena do colexio elexiu o seu libro favorito e escribiuno ao longo dun lazo que colgamos na barandilla do colexio, así todos podemos saber cales son os libros favoritos dos nosos compañeiros/as! Quedaron súper chulos e coloridos!

Tamén aproveitamos e levamos para casa uns fermosos marcapáxinas!









xoves, 10 de abril de 2025

PARABÉNS MARÍA FERNANDA!!

 


Hoxe María Fernanda cumple 6 anos!! 

Para celebralo con todos e todas nós, tróuxonos un montón de magdalenas que puidemos saborear, estaban boísimas!! 

Moitas grazas e moooitas felicidades!!!

martes, 8 de abril de 2025

SAÍMOS DE EXCURSIÓN AO ECOAGRO!!






O día de onte as nenas e nenas de infantil estivemos preparando a horta do cole: sacando pedras, quitando as malas herbas,... e deixando todo listo para poder plantar!!

Así que hoxe xa puidemos ir, todo infantil e 1º de Primaria, de visita ao Ecoagro! Alí, Laura tivo moita paciencia e explicounos as froitas e verduras que podíamos plantar na nosa horta, e viñemos cargadiños!!

Despois do recreo xa nos puxemos mans á obra: a abonar e plantar!!





RADIOCASTRELO

 



Esta semana dende Radio Castrelo tivemos un programa especial, ademais da edición semanal que realizan os maiores de Primaria, hoxe Martín e Eric protagonizaron un programa con novidades de última hora!






Podedes escoitar o programa da semana aquí: RADIO CASTRELO (PROGRAMA 3)

E o de hoxe aquí: RADIO CASTRELO (PROGRAMA 4)

Son uns locutores estupendos!!




venres, 4 de abril de 2025

PARABÉNS ERIC E XOEL!!

 Hoxe na clase de 4 e 5 tivemos doble celebración!! Festexamos os aniversarios de Xoel e Eric. Xoel cumpriu o mércores 5 anos e Eric cumprirá mañá 6 e festexarono cunha deliciosa merenda xunto cos seus amigos. PARABÉNS ERIC E XOEL!!


mércores, 2 de abril de 2025

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA!

Hoxe na clase de 4 e 5 anos comezamos a xogar con DOC, o noso robot, tiñamos que marcarlle o camiño para que chegara a un lugar determinado. Fixémolo xenial e pasámolo moi ben!




venres, 21 de marzo de 2025

CONMEMORAMOS O DÍA DO SÍNDROME DE DOWN



Hoxe é un día moi especial!! O 21 de marzo conmemórase o día do Sindrome de Down!
No noso cole unímonos á iniciativa de levar calcetíns diferentes para celebrar que todos somos diferentes!

Toda a semana as nenas e os nenos da aula de 4 e 5 anos estivemos traballando e aprendendo un montón sobre o Síndrome de Down! Aquí tedes un vídeo que fixemos con moito agarimo e ilusión para que entendades de maneira sinxela que é o Síndrome de Down

venres, 7 de marzo de 2025

PARABÉNS PALOMA!


Hoxe Paloma está de aniversario! Cumple 6 anos!! PARABÉNS!!

Tróuxonos unha deliciosa tortilla e unha tarta para compartir con todos/as nós! 

Moitas grazas!! Estaba todo delicioso!
 

mércores, 26 de febreiro de 2025

COCIÑAMOS ROSQUILLAS

 



E como non podíamos parar de preparar cousas do Entroido, hoxe tocou cociñar! 

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, puxémonos mans á obra e saíronos unhas rosquillas ao forno ben redondiñas!!