venres, 24 de xuño de 2022

FESTA FIN DE CURSO

 Para festexar que o cole rematou, fixemos unha gran festa no parque do Terrón, aínda que o mal tempo cambiou un pouquiño os nosos plans, non nos quitou as ganas de troula!! Pasámolo xenial e despedimos o curso como se merecía. Moitas grazas á ANPA pola colaboración. Ímonos de vacacións!!!






martes, 21 de xuño de 2022

RESUMO DO NOSO 2º ANO NO COLE

 Na clase de 4 anos vivimos un ano moi intenso, cheo de momentos que merecen ser recordados. No seguinte video intentei resumir o voso segundo ano no cole, foron moitos os momentos que pasamos xuntos, espero non terme olvidado de ningún... O que non vou esquecer é o ben que o pasamos xuntos e como facedes que cada día sexa un novo desafío. Grazas por tanto!



sábado, 11 de xuño de 2022

OS NOSOS CRECEPELOS!!

 

Neste trimestre, na clase de 4 anos, estamos traballando na horta e vendo como van madurando os amorodos, como medran as leitugas.... e tamén as herbas!!  para ver día a día na aula que rápido medra a herba, cada un de nós fixo un boneco crecepelo, e vaia se lle medra o pelo!! tanto que xa tivemos que levalos á perruquería... a algúns encántanos eso de cortar o pelo, papás e mamás, tede coidadiño coas tesoiras!!



luns, 6 de xuño de 2022

PARABÉNS MELISSA!!

 Onte a nosa SuperMelissa estivo de cumple, pero non quixo deixar de festexalo con nós e hoxe convidounos a merendar. Grazas!! PARABÉNS MELISSA!!



xoves, 2 de xuño de 2022

APRENDEMOS A COSER!!

 Fai tempo que comezamos a practicar a costura, hoxe ensinámosvos o resultado. Cosemos peixes para decorar a nosa porta. Mirade que bonita nos quedou!




Costounos un pouquiño o tema da costura, pero ao final xa o facemos xenial e encántanos o resultado!!