martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

Hoxe conmemórase o día escolar da paz e da non violencia, aínda que no noso cole imos celebralo en conxunto o vindeiro xoves, hoxe @s nen@s de infantil fixemos estas pombiñas coas pegadas das nosas mans, e así de contentos as levamos para casa




mércores, 24 de xaneiro de 2018

CHOCOLATEIR@S!!

Era unha tarde de traballo na ficha, como tantas outras, e... xa vedes como acabamos!!! Mirade que ben pintamos e que doces somos...

PINTANDO CON CHOCOLATE by Slidely Slideshow

Pintar é moi divertido pero pintar con chocolate ademáis de divertido é moooi saboroso!!

martes, 23 de xaneiro de 2018

O NOSO COLE NOS MEDIOS!!

Como podedes ver se clicades nos seguintes enlaces, durante estes días o cartel de entroido está sendo presentado nos diferentes medios de comunicación

XORNAL LA REGION

XORNAL LA VOZ DE GALICIA

PAXINA WEB DO CONCELLO DE VERÍN


Pronto poderemos velo  colgado polas rúas!!

venres, 19 de xaneiro de 2018

PARABÉNS COMPIS!!

Os nosos compañeiros de primaria, coa axuda da teacher Bea, fixeron o cartel gañador para anunciar o desfile infantil. Mirade que bonito é.
PARABÉNS COMPIS!!!


xoves, 18 de xaneiro de 2018

OS NOSOS CARTEIS DE ENTROIDO!!

Xa estamos traballando no Entroido, este ano o noso cole  abre o desfile infantil e por iso nos toca facer un cartel para anunciar este acontecemento.
Os nenos de infantil presentamos estas dúas propostas que fixemos entre todos coa axuda das nosas profes.
Quedáronnos moi alegres e coloridos!!