Durante toda a semana estivemos preparándonos e ambientándonos para mañá, que vai ser un gran día, non vos podedes perder as sorpresas máis doces que vos cociñamos...
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 22 de febreiro de 2017
HOXE BIGOTE DE COCIÑEIR@S!!
Hoxe completamos o noso look de cociñeir@s con un super bigote. Estabamos así de gracios@s!!
martes, 21 de febreiro de 2017
MANDIL E GORRO DE COCIÑEIR@!!
Así de guap@s viñemos hoxe ao cole con mandil e gorro de cociñeiro!!
Recordade que mañá ademáis de mandil e gorro, temos que pintarnos un bigote para completar o noso disfraz de chefs.
Recordade que mañá ademáis de mandil e gorro, temos que pintarnos un bigote para completar o noso disfraz de chefs.
luns, 20 de febreiro de 2017
POP CAKES!!
Aproveitando que xa viñemos cos mandiles de cociñeir@s, hoxe fixemos un taller de cociña de pop cakes, divertímonos moito e xa de paso imos meténdonos na temática do noso disfraz de entroido.
pop cakes by Slidely Slideshow
TODOS CON MANDIL DE COCIÑEIRO!!
Para comezar a semana, Amanda a que moito manda, mandounos vir con mandil de cociñeiros e na nosa clase como somos tod@s moi ben mandad@s, fixémoslle caso.
Mirade que guapísim@s viñemos ao cole!!
Mirade que guapísim@s viñemos ao cole!!
Recordade que mañá ademáis do mandil debemos traer o gorro de cociñeir@s!!
xoves, 16 de febreiro de 2017
XOVES DE COMPADRES
Agora sí!! Xa chegou oficialmente o entroido ao cole de Castrelo, e coma xa ven sendo habitual dende fai varios anos,comezamos as actividades entroideiras co Xoves de Compadres.
Esta tarde tocáballes as nenas correr para que os nenos non lles sacaran os compadres. Foi unha batalla mooi disputada pero os nenos lograron rachar todos os compadres que finalmente arderon na fogueira. As nenas xa agardan ansiosas o vindeiro xoves para vengarse!!
Aquí tedes algúns dos mellores momentos desta tarde.
compadres 2017 infantil by Slidely Slideshow
martes, 14 de febreiro de 2017
FELIZ SAN VALENTÍN!!
A clase máis amorosa de todo o cole non ía deixar de celebrar un día tan importante coma o de hoxe.
E festexámolo por todo o alto!!
Empezamos decorando a nosa porta, para a que fixemos un mural conxunto, no que escribimos moitas cousas bonitas e certas con moito amooor
Tamén fixemos un gusano xuntando todos os nosos corazóns
Así de bonita quedou finalmente a nosa porta
Xa pola tarde, vimos o conto ¿QUÉ ES EL AMOR?
Se queredes ver que bonito é pinchade no seguinte enlace
Nun día tan especial non podían faltar as manualidades que tanto nos gustan. Traballamos moi concentrados
Fixemos un osiño con corazón de chocolate e unha piruleta de corazón moooi decorada
E xa para rematar,como as mamás de Blanca e Noel nos mandaron a proba das súas receitas de cociña e sabemos que foron feitas con mooito amor, merendamos tortilla e torta de queixo
Estaban riquíiiisimas!!! Moitísimas grazas mamis por coidarnos tanto.
Despois dun día tan intenso e cheo de amor, así de felices e cargados volvemos a casa
QUE VIVA O AMOR!!
martes, 7 de febreiro de 2017
VISITAMOS O SÚPER DE CASTRELO
Aproveitando que nas dúas clases de infantil estamos traballando os alimentos e que hoxe parecía que por fin ía estar boa tarde, as profes decidiron levarnos de excursión a un sitio mooi especial. Despois de comer saímos do cole con moita ilusión...
Foi unha tarde mooi divertida.
Fomos ata o súper de Castrelo, para ver todos os alimentos que hai nunha tenda. As nosas profes explicáronnos cousas moi interesantes.
E aproveitando que está chegando o entroido mercamos unhas deliciosas orellas de entroido. Ademáis Cecilia regalounos uns chupa-chups e tivo mooita paciencia con nós.
Volvemos ao cole moi contentos pola nosa miniexcursión
E con moitas ganas de chegar para poder probar as orellas de entroido. Estaban deliciosas!!
Moitas gracias Cecilia pola túa paciencia e por eses chupa-chups tan ricos (aínda que xa sabemos que non podemos tomalos todos os días, hoxe foi un día especial) e moitas grazas tamén á profe Marta que foi a nosa fotógrafa oficial (por iso non sae en ningunha foto)
sábado, 4 de febreiro de 2017
PARABÉNS MARA!!
Os nen@s da clase de 5 anos, imos facéndonos cada vez máis maiores, onte tocoulle a Mara, unha das nosas princesas que cumpriu xa 6 aniños e para celebralo fixo unha tarta riquíiiisima coa súa mami e convidounos a merendar. Para agradecerllo fixémoslle un libriño de dedicatorias no que lle escribimos cousas mooi bonitas.
PARABÉNS MARA!!
PARABÉNS MARA!!
A PORTA DA CLASE DE 5 ANOS!!
Como chegamos das vacacións de nadal e xa nos puxemos a traballar no entroido, esquecémonos de ensinarvos o bonita que nos quedou a porta da clase de 5 anos decorada da inverno... moi pronto lle teremos que ir engadindo algunha cousiña máis... xa vos iremos informando.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)