martes, 27 de febreiro de 2018

PINTANDO CON CHOCOLATE

Unha tarde calquera... os nenos de 4 e 5 anos decidimos pintar con chocolate tamén. Pintamos uns cadros preciosos, e rechupeteamos os dedos!! Pasámolo bomba!


domingo, 25 de febreiro de 2018

ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO

Este mes que estamos a piques de rematar foi moi especial para dous  dos nosos peques da clase de tres anos: Ángel e Valentina, que cumpriron xa os catro, son os máis maiores da súa clase e quixeron celebralo con nós convidándonos a merendar.
PARABÉNS ÁNGEL E VALENTINA!!!


sábado, 10 de febreiro de 2018

DESFILE DE ENTROIDO

O xoves participamos no desfile infantil de Entroido, despois de un mes de moito traballo así de guapos lucimos polas rúas de Verín

DESFILE ENTROIDO 2018 by Slidely Slideshow

mércores, 7 de febreiro de 2018

DÍA COMPLETO E SÚPER ENTROIDEIRO!!

Hoxe foi un día moi completo, que imos resumir moi brevemente en imaxes... Así de guapos estabamos con algo na cabeza, algo no pescozo e os mandilóns ou demáis prendas do revés
Pola tarde fixemos as comadres, xa que mañá despois do desfile non voltamos ao cole....

COMADRES by Slidely Photo Gallery

E así de guapos marchamos cos nosos antifaces

martes, 6 de febreiro de 2018

ORELLAS DE ENTROIDO!!

Hoxe os nen@s de infantil fixemos unhas riquísimas orellas de entroido, disfrutamos moito facendo a masa, estirando as orellas co rodillo e sobre todo coméndoas!! Moitas grazas a nosa cociñeira Sandra que nos axudou a rematar a nosa receita fritindo as orellas.

orellas de entroido by Slidely Slideshow

MARTES: ALGO NO PESCOZO

Hoxe, ademáis de algo na cabeza debíamos traer tamén algo no pescozo....


Mañá para completar o noso look, ademáis unha prenda do revés!!

luns, 5 de febreiro de 2018

LUNS: ALGO NA CABEZA!!

Así de guapos viñemos hoxe ao cole os nen@s de infantil, con algo entoideiro nas nosas cabeciñas...




RECORDADE: Mañá algo na cabeza e algo no pescozo.... pero mooi entroideiros!!

domingo, 4 de febreiro de 2018

SEMANA DE ENTROIDO!!

Mañá comeza a gran semana de entroido, que rematará o xoves co desfile infantil polas rúas de Verín, pero antes  no cole de Castrelo, xa imos preparando diferentes actividades.
Como xa ven sendo un clásico dende fai moitos anos, o venres chegou ao cole Amanda a que moito manda





Este ano apareceunos así de favorecida e estes son os seus mandados para esta semana entroideira:

LUNS: ALGO NA CABEZA (algo entroideiroooo)
MARTES: ALGO NO PESCOZO (algo mooooi entroideiro)
MÉRCORES: UNHA PRENDA DO REVÉS

Entroideiros:

se unha semana divertida queredes pasar

non vos esquezades do que Amanda

este ano vos quixo  mandar.

GRACIAS AMIGOS!!

O venres os nosos amigos de primeiro e segundo de primaria xunto coas súas profes fixeron un taller de cociña de filloas e ao rematar viñeron a darnos a proba, a verdade é que estaban moooi boas, mirade como nos gustaron...




Moitas grazas amigos!!! Nós tamén somos moi larpeiros e esta semana tamén imos facer uns doces moooi entroideiros aos que xa vos podedes dar por convidados...

xoves, 1 de febreiro de 2018

COMPADRES!!

Hoxe comeza a conta atrás para os días grandes de entroido co xoves de compadres. Mirade que ben o pasamos os nenos de infantil perseguindo ás nenas para quitarlle os mecos...A semana que ven teremos a revancha!!

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow