Xa chegou o outono, os nenos de infantil, recollemos conchos da nogueira. Agora puxémolos a secar ao sol.
Que podemos facer con eles....Seguro que algo mooi rico!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Amosando publicacións coa etiqueta curso 17-18 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 17-18 b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 10 de outubro de 2018
sábado, 25 de agosto de 2018
luns, 25 de xuño de 2018
AVANZANDO CARA O PLURILINGÜISMO!!
Fai xa 3 anos que no noso cole temos seccións bilingües con auxiliar de conversa nativo, pero para o vindeiro curso embarcámonos nun novo e emocionante proxecto: ser un centro plurilingüe, e de momento imos polo bo camino, xa que estamos na lista provisional de admitidos para formar parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25368
Ademais, tamén estamos admitidos no proxecto Plurinfantil, para levar o plurilingüismo aos alumnos e alumnas de Educación Infantil:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25370
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25368
Ademais, tamén estamos admitidos no proxecto Plurinfantil, para levar o plurilingüismo aos alumnos e alumnas de Educación Infantil:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25370
venres, 22 de xuño de 2018
FESTA FIN DE CURSO
Aquí vos deixamos un completo reportaxe para que podades ver con todo detalle que ben despedimos o curso @s nen@s de Castrelo
AS NOSAS ORLAS
Este ano as orlas non podían ter outro motivo: as abellas.
Mirade que bonitas nos quedaron, nós mesmos pintamos o fondo e escribimos os nosos nomes, as profes solo se encargaron das fotos e de facer a montaxe...se é que somos uns artístas!!
Mirade que bonitas nos quedaron, nós mesmos pintamos o fondo e escribimos os nosos nomes, as profes solo se encargaron das fotos e de facer a montaxe...se é que somos uns artístas!!
ORLA DE 3 ANOS
ORLA DE 4 E 5 ANOS
OS SOÑOS DOS NENOS DE TRES ANOS
Os nenos de tres anos teñen moita imaxinación e no seu primeiro ano de cole soñaban con ser...
Se os coñecedes sabedes que poderán chegar a ser todo aquelo que se propoñan, de momento son moi felices que é o máis importante.
Se os coñecedes sabedes que poderán chegar a ser todo aquelo que se propoñan, de momento son moi felices que é o máis importante.
PARABÉNS AOS NOSOS GRADUADOS!!
Este ano un grupo de nen@s deixan de lado os mandilóns, as longas asambleas de pola mañá, os xogos nos recunchos... para comezar unha nova e emocionante etapa: a primaria.
Moitísima sorte nesta nova aventura compis!!
Moitísima sorte nesta nova aventura compis!!
PARABÉNS GRADUADOS!!!
xoves, 21 de xuño de 2018
ÚLTIMO DÍA EN POUCAS IMAXES!!
Hoxe foi o último día do curso para @s nen@s, un día de xogos, convivencia, despedidas, emocións... sobre todo moitas emocións.
Mañá ensinarémosvos o video con todas as fotos, pero aquí tedes en poucas imaxes un resumo moi completo:
Para conmemorar o día internacional do Ioga, comezamos da mellor maneira: master class de Ioga
Mañá ensinarémosvos o video con todas as fotos, pero aquí tedes en poucas imaxes un resumo moi completo:
Para conmemorar o día internacional do Ioga, comezamos da mellor maneira: master class de Ioga
Seguimos con master class de Zumba
xogos populares
talleres
festa da auga
comida no patio
En definiva un día moi completo, no que nos divertimos como a nós nos gusta: xuntos e valorando o realmente importante, esas amizades que cada día son máis fortes
A verdade é que en poucos coles poden presumir de integrar tan ben a nen@s dende os 3 ata os 13 anos,donde pequenos e maiores xogan xuntos sen problemas e ademáis disfrutan facendoo
FELIZ VERÁN PEQUENOS!!
Despois dun ano, o seu primeiro ano no cole, de moitísimas e importantes aprendizaxes, os nen@s de 3 anos despedironse ata o vindeiro curso. FELIZ VERÁN PEQUENOS!!
Estes foron os seus últimos traballos en tres anos:
Estes foron os seus últimos traballos en tres anos:
A bolsa para gardar as notas, orlas e o seu merecido agasallo de fin de curso
a portada dos seus traballos do 3º trimestre
mércores, 20 de xuño de 2018
QUÉ ARTISTAS!!
Ultimo día de clase, último día de mandilón para os compis de 5 anos e calor, moito calor... clase ao aire libre e xuntámonos para facer un súper mural de verán...
Todo comezou así: un bo trozo de papel, pinceis, cores e unha única consigna: a divertirse...
...e vaia se nos divertimos: pintamos, pintamos e pintamos...
C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
Mirade o resultado final SOMOS UNS ARTÍSTAS!!!XEADOS DE MEL!!
Onte os nen@s de infantil fixemos un taller de cociña, e na época na que estamos tiñamos claro que tiña que ser un xeado, e despois dun trimestre no que nos convertemos en expertos na apicultura, o sabor do xeado tampouco foi difícil de escoller. Mirade como fixemos os nosos XEADOS DE MEL!!
domingo, 17 de xuño de 2018
O NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE!!
Este curso que está a piques de rematar foi moi especial para @s nen@s de 3 anos, xa que era o seu primeiro ano no cole de Castrelo. No seguinte video intentei recoller algúns dos momentos vividos, que foron moitos e moi especiais. Grazas por un ano xenial!!
domingo, 3 de xuño de 2018
EXCURSIÓN A APÍPOLIS!!!
Despois de varias semanas investigando no noso proxecto sobre as abellas, chegou o gran día: o venres visitamos Apípolis. Alí puidemos por en práctica e ver de cerca moitas das cousas que aprendemos na clase. Fomos co resto do cole e tamén nos acompañaron os nen@s do cole de Medeiros. Unha vez alí fixemos tres grupos e fomos rotando polas diferentes actividades: visita á exposición e conto, procesado do mel e elaboración dunha vela, taller de galletas de mel, visita ao apiario con traxes de apicultores... No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo do noso día...
Mirade que ben o pasamos!!
mércores, 30 de maio de 2018
TRABALLANDO AS EMOCIÓNS...
Durante este curso traballamos as emocións de xeitos moi diferentes: cos materiais do noso proxecto e a nosa mascota, co monstruo de cores e outros contos, participando no proxecto de educación emocional "Viaxe ao reino das emocións" da Fundación Meniños... e facendo cada trimestre un libro viaxeiro das tres emocións que consideramos máis básicas. Nesta tarefa implicamos ás familias para facer estes tres libriños que podedes ver de seguido:
1º TRIMESTRE: "LIBRO VIAXEIRO DA ALEGRÍA"
2º TRIMESTRE: "LIBRO VIAXEIRO DA TRISTEZA"
3º TRIMESTRE: "A NOSA CAIXA COMEMEDOS"
luns, 28 de maio de 2018
A NOSA CAIXA COMEMEDOS!!
Levamos todo o curso traballando as emocións e agora que nos tocou o medo, en lugar do libro viaxeiro coma nas anteriores emocións, fixemos "A caixa comemedos".
Esta fin de semana debuxaron e coa axuda dos papás e mamás escribiron algo que lles facía sentir medo. Hoxe contáronllo aos seus amigos e logo metemos todos os medos na caixa comemedos...Mirade!!
xoves, 24 de maio de 2018
O HORTO MEDRA!!
Mirade que bonito vai o noso horto...xa comezan a brotar os primeiros froitos!!
O noso horto by Slidely Photo Gallery
mércores, 23 de maio de 2018
NO XORNAL!!!
martes, 22 de maio de 2018
BOA VIAXE!!
Esta mañá @s alumn@s de 5º e 6º de primaria iniciaron a súa excursión a Asturias e Cantabria. Pasadeo ben compis!!
luns, 21 de maio de 2018
MERENDAS SOLIDARIAS!!
Mañá os nen@s de 5º e 6º de primaria vanse de excursión catro días por Asturias e Cantabria. Para recaudar diñeiro para esta viaxe as familias levan varios venres facendo merendas, que @s nen@s venden a 1€. Grazas a esta iniciativa e á colaboración de tod@s @s que mercamos as merendas solidarias cada venres, dispoñen dun diñeiro extra para os seus gastos. Dende aquí queren darvos as grazas a todas as familias por colaborar, así coma a xente do concello, farmacia, alpixendra... e tod@s os que dunha ou otra maneira colaborastes con eles, GRAZAS!!!
domingo, 20 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS
Hoxe remata unha semana moi especial, na que traballamos e aprendemos moitas cousas sobre María Victoria Moreno, a homenaxeada este ano no día das letras galegas. O venres pola tarde foi o día que eleximos para festexar tod@s xuntos, despois de aprender durante a semana detalles sobre a vida e obra da autora nas distintas aulas e según os niveis. Mirade que ben o pasamos na xincana sobre María Victoria Moreno e como no noso cole participamos dende os máis pequenos ata os máis maiores na mesma actividade e desfrutamos xuntos un montón!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























