xoves, 22 de xuño de 2023

FESTA DE FIN DE CURSO 5 ANOS


Onte, os nenos de 5 anos, despedímonos de infantil na festa de fin de curso que fixemos, xunto con todo o cole, no parque do Terrón. Pasámolo xenial!! Moitísimas grazas á ANPA por organizar a festa.


mércores, 21 de xuño de 2023

GRADUACIÓN INFANTIL 2020-2023

Onte, os maiores de infantil, despediron unha das etapas máis bonitas e importantes das súas vidas. Despois de 3 anos están preparados para comezar a primaria en setembro. Non foi fácil resumir tantos e tan importantes momentos compartidos durante estes 3 anos pero con moito cariño, ilusión e algunha que outra lagrimiña conseguimos condensar algúns momentos no seguinte vídeo, os outros quedarán para sempre marcados no noso corazón...

PARABÉNS ROI!!



Hoxe na clase de 5 anos despedímos o curso como máis nos gusta: encadeando unha festa con outra!! Aínda coa resaca da graduación de onte e antes de comezar a pasalo xenial na festa de fin de curso, festexamos o cumple de Roi, que aínda que cumple no verán, non quixo deixar de festexalo antes cos seus amigos. Moitas grazas  pola merenda e por adiantar o teu día para que estiveramos contigo. PARABÉNS ROI!!

sábado, 17 de xuño de 2023

PROXECTO "A RÚA" (3 e 4 anos)

Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematamos este trimestre co proxecto "A rúa". Aprendemos moitas cousas e ensinámosllas aos nosos amigos de 5 anos, pero sobre todo disfrutamos moito!! Aquí tedes a mostra...



mércores, 14 de xuño de 2023

EXCURSIÓN FIN DE CURSO INFANTIL 2023


Hoxe, despois de moitos cambios, por culpa do tempo, puidemos ir de excursión!! Pasámolo xenial!!Disfrutamos moito e foi un día perfecto para festexar o fin deste curso. Deixámosvos un resumo en imaxes do ben que o pasamos os pequen@s de Castrelo no día de hoxe!!


luns, 5 de xuño de 2023

PARABÉNS MELISSA!!

 Hoxe Melissa cumpriu 6 anos e ademáis coincidiulle ser a encargada, menuda sorte!! Na clase dos maiores festexámolo cunha súper tarta. Grazas pola merenda! PARABÉNS MELISSA!!


xoves, 1 de xuño de 2023

VISITAMOS A FURGOTECA!!

Hoxe @s pequen@s de Castrelo visitamos a furgoteca!! Ademáis tivemos moita sorte porque a "furgotecaria" achegouse ata o patio para contarnos un conto. Grazas Laura!