Hoxe na aula de 3 e 4 anos festexamos o cumple de Enzo, que xa ten 4 anos!! PARABÉNS ENZO!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 18 de setembro de 2025
luns, 24 de xuño de 2024
RESUMO CURSO 23-24 (3 E 4 ANOS)
martes, 18 de xuño de 2024
PARABÉNS PAULA F., LEO, CARLOTA E ADRIÁN!!
Hoxe, na clase de 3 e 4 anos festexamos os aniversarios dos nenos que cumpren durante o verán!!
PARABÉNS PAULA F., LEO, CARLOTA E ADRIÁN!!
martes, 11 de xuño de 2024
RECOLLEMOS AS LEITUGAS!
domingo, 9 de xuño de 2024
CICLO DE VIDA DOS VERMES DA SEDA
Fai un mes que na clase de 3 e 4 anos escoitamos o conto de Curtis "QUIERO UNA MARIPOSA", e comezamos a investigar sobre o ciclo de vida das bolboretas. A profe trouxo a clase un oviños diminutos dos que ao pasar uns días comezaron a sair uns pequenos vermes oscuros que tiñamos que ver a través da lente binocular, tivemos moitísmo coidado con eles, fomos alimentándoos e coidándoos cada día. Comían moito, moitísimo, engordaron moito moito e despois de moito pensalo, decidimos repartilos polas clases para que todos os nosos amigos do cole puidesen ver a transformación. Agora os nosos vermes repoludos xa comezaron a tecer a seda e a maioría xa están metidiños no seu casulo...e anós soamente nos queda ter paciencia e agardar a que deses casulos poidamos ver sair as bolboretas!!
Aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes...
xoves, 16 de maio de 2024
No HORTO!!
luns, 22 de abril de 2024
PARABÉNS ARIA!!
Comezamos a semana festexando o aniversario da nosa amiga Aria, que aínda que cumpriu o fin de semana, quixo celebralo hoxe con nós, convidándonos a merendar.
PARABÉNS ARIA!!
mércores, 10 de abril de 2024
PARABÉNS MARÍA FERNANDA!!
venres, 5 de abril de 2024
PARABÉNS ERIC!!
Hoxe rematamos a semana igual que a comezamos, festexando!! O noso amigo Eric cumpriu hoxe 5 anos e convidounos a merendar!! PARABÉNS ERIC!!
martes, 2 de abril de 2024
venres, 23 de febreiro de 2024
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe os pequenos de Castrelo achegámonos un pouquiño á figura de Rosalía de Castro, xa sabemos quen era, que facía e soánnos algunhas das súas obras máis famosas. Quédannos por diante moitos anos para seguir coñecendo máis detalles desta autora tan xenial.
RENOVANDO O BOTIQUÍN!!
Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematamos esta semana as unidades relacionadas coa saúde, por iso decidimos pechar estes temas cunha visita á farmacia para repor o material do botiquín do cole, fixemos unha pequena parada tamén no centro de saúde, xa que moitos non sabiamos que en Castrelo tamén hai centro de saúde. Moitísimas grazas Amalia, Chelo e Vera por facilitarnos esta experiencia, pola paciencia, as explicacións e... os regaliños!
martes, 6 de febreiro de 2024
ENTROIDANDO!!
Na clase de 3 e 4 anos encántanos o entroido e estamos aproveitando esta festa para perfeccionar o picado, xa somos uns artistas co punzón!! e imos guapísimos!!
mércores, 13 de decembro de 2023
PARABÉNS PAULA H.!!
Día de celebración na clase de 3 e 4 anos!! Hoxe Paula festexou con nós que xa ten 3 aniños!! Foi a última da clase en cumprir, agora xa todos temos 3 anos!! PARABÉNS PAULA!!
venres, 8 de decembro de 2023
RELAXACIÓN
martes, 31 de outubro de 2023
FESTEXANDO O SAMAÍN - HALLOWEEN NA CLASE DE 3 E 4 ANOS!!
MANUALIDADES FAMILIAS CLASE 3 E 4 ANOS
Estas son as manualidades que fixeron os nenos da clase de 3 e 4 anos para decorar o cole polo Samaín-Halloween. Traballaron moito e quedaron terroríficas!! Moitísimas grazas a todos pola vosa implicación!








































