Amosando publicacións coa etiqueta samaín-halloween. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín-halloween. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de outubro de 2024

EXPERIENCIAS SAMAÍN-HALLOWEEN

 

Hoxe na clase de 4 e 5 anos tivemos unha sorpresa moooi terroríficamente divertida. As nosas bruxasprofes prepararon un ambiente de Samaín-Halloween no que tiñamos dúas bandexas sensoriasnas para traballar. Nunha tivemos que remexer coas mans entre os espaguetes  de cores para atopar diferentes elementos de Samaín, que logo recontamos e trnsladamos a unha ficha. Na outra buscamos entre as teas de araña e as fabas negras tres elementos decorados de Samaín para facer despois unhas pulseras, que nos quedaron chulísimas!! Mirade que ben o pasamos....






xoves, 24 de outubro de 2024

ACTIVIDADES HALLOWEEN-SAMAÍN


Na clase de 4 e 5 anos estamos moi emocionados preparando o Halloween-Samaín. Durante esta semana estivemos decorando a porta da aula e facendo varias actividades para irnos preparando para a semana terrorífica que nos espera....



martes, 31 de outubro de 2023

FESTEXANDO O SAMAÍN - HALLOWEEN NA CLASE DE 3 E 4 ANOS!!

 

Hoxe viñemos así de guapos para festexar o Samín- Halloween  no cole.
Na clase fixemos galletas
Mirade que ben o pasamos!

Despois do recreo fomos á farmacia a pedir chuches!!
GRAZAS AMALIA !!



Ao vir da farmacia, Lúa e Xiana contaronnos un conto precioso: "FUERA DE AQUÍ HORRIBLE MONSTRUO VERDE"
Falamos dos nosos medos e debuxámolos  para poder queimalos pola tarde.
GRAZAS CHICAS!!








No comedor preparáronnos un xantar terrorífico

PURÉ DE CABAZA

PASTA TERRORÍFICA CON CARNE

MIÑOCAS ENTERRADAS

GRAZAS VANE E MARY!!

Despois de comer queimamos os nosos medos no "Pote dos Medos" Fóra medos!!





Despois xuntámonos todos no comedor para cantar unha canción de Halloween que preparamos coa teacher Bea!

HAPPY HALLOWEEN !!  FELIZ SAMAÍN!!













MANUALIDADES FAMILIAS CLASE 3 E 4 ANOS

 

Estas son as manualidades que fixeron os nenos da clase de 3 e 4 anos para decorar o cole polo Samaín-Halloween. Traballaron moito e quedaron terroríficas!! Moitísimas grazas a todos pola vosa implicación!



luns, 30 de outubro de 2023

PREPARANDO O SAMAÍN-HALLOWEN NA CLASE DE 3 E 4 ANOS!!


 Na clase de 3 e 4 anos estamos moi emocionados preparando o Hallowen-Samaín. Pasámolo terroríficamente ben facendo manualidades para decorar a clase!!



sábado, 29 de outubro de 2022

HAPPY HALLOWEEN!! FELIZ SAMAÍN!!

Na clase de 5 anos rematamos unha semana moi intensa e de moito traballo cun día de festa!!Puxémonos terroríficamente guapos para celebrar o Halloween- Samaín


 Pero antes da festa, tocou traballar, para adornar todo o cole e fixémolo moi ben, tanto na casa coma no cole. Aquí tedes as manualidades/cabazas que fixemos na casa coa axuda das nosas familias. MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!

No cole traballamos moito e moi motivados... Mirade o resultado e o proceso....






Despois de tanto traballo nos días previos, onte festexamos como se merece, aprendemos a preparar unha merenda moi doce e terrorífica



No comedor, tivemos menú especial. GRAZAS MARY E VANE!!



E por fin, festexamos todos xuntos cantando e bailando co resto do cole, seguindo as indicacións da teacher Bea. THANKS TEACHER BEA!! HAPPY HALLOWEEN!!








luns, 24 de outubro de 2022

COMEZANDO A SEMANA DE SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 


Na clase de 5 anos levamos máis dunha semana, recortando e cosendo para facer as nosas pantasmas, ata tivemos que ir á farmacia comprar algodón para meterlle por dentro! Mirade que ben nos quedaron!
... e o traballiño que nos deron, xa somos uns expertos costureiros!










venres, 29 de outubro de 2021

FESTAXAMOS O SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 Hoxe foi un día terroríficamente divertido!! E aínda que nos faltaron moitos compis e os extrañamos un montón, non puidemos deixar de festexar un día tan especial!!


Merenda moi doce e terrorífica!

Comida monstruosa:

Ovos de araña!

Gusanos podridos!

Dentes sanguentos de vampiro!

GRAZAS Á NOSA SUPERCOCIÑEIRA!! ESTABA TODO TERRORÍFICAMENTE RICO!!

... e para rematar o día, bailes no patio con todo o cole.
GRAZAS TEACHER BEA E PROFE LUCÍA!!

No seguinte vídeo tedes un resumo en imaxes do noso día máis terrorífico!!

xoves, 28 de outubro de 2021

PREPARANDO O SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 No noso cole levamos unha semana traballando moito para decorar e preparar o Samaín-Halloween.

 Este ano decidimos que non fariamos nada na casa, aínda que nos gustan moito as cousiñas que facedes en familia, deixámolo para outra ocasión. Por eso, dende as diferentes aulas e coa colaboración especial dos teachers ,organizamos manualidades para decorar o centro e traballar o vocabulario desta celebración.

Na clase de 4 anos fixemos un bolsiño de araña para as chuches terroríficas

Uns morcegos

Unhas cabazas

E entre todos vacíamos unha cabaza terrorífica

Aproveitamos todo o que tiña dentro!! As pipas para secar, facer manualidades e algunha para sementar no horto! e o resto levámosllo a Vane a nosa súper cociñeira, que mañá nos vai preparar un delicioso e terrorífico doce con ela!! GRAZAS VANE!!




venres, 30 de outubro de 2020

TRABALLAMOS HALLOWEEN-SAMAIN

 


Esta semana, traballamos o Halloween/Samaín. Fixemos manualidades, traballamos vocabulario en galego e inglés, vimos contos, cancións... foi unha semana moi terrorífica!!



xoves, 29 de outubro de 2020

PANTASMAS 3 ANOS!!


Mañá celebramos Halloween/Samaín no cole, aínda que dunha forma moi diferente a outros anos, non podíamos deixar pasar unha das festas que máis lles gusta aos nos@s pequen@s. Comezamos xa a semana pasada coa colaboración das familias, hoxe vos deixamos o traballo d@s peques na casa, decorando as súas pantasmas. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!