xoves, 26 de abril de 2018

AS NOSAS CABACIÑAS!!

Fai un par de semanas, durante a nosa vista a Ecoagro, cada un de nós sementou unha cabaciña....


...con toda a ilusión que puxemos e cos nosos coidados, hoxe....


Moi contentos, levamos unha plantiña para pór na casa, nos próximos días tamén poremos algunha cabaciña no noso horto..



luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Esta tarde no noso cole celebramos o día do libro con diferentes actos: primeiro abrimos con moitisíma ilusión a caixa que nos mandaron os nos@s amig@s de Oímbra, encantáronnos os seus marcapáxinas sobre a música. Moitas grazas compis, agardamos que os nosos tamén vos gustaran!!
Despois pegamos na biblioteca os carteis que fixeron @s nen@s máis maiores do cole, quedaron moi chulos!!
E por último, rematamos o mural conmemorativo no que levamos traballando dende a semana pasada, ten algo de cada un dos nen@s do cole, porque todos colaboramos e quedounos precioso!!
Aquí vos deixamos un resumo do noso día do libro

DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o día do libro, no noso cole para conmemoralo fixemos estes marcapáxinas que intercambiamos cos nosos amigos do cole de Oímbra. Agardamos que lles gustaran moito


INFANTIL




1º DE PRIMARIA




2º PRIMARIA




3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA




Os nosos marcapáxinas, xa están viaxando rumbo a Oímbra


Esta tarde recibiremos tamén os seus, estamos desexando velos, seguro que nos gustan un montón!!


TALLER DE RECICLAXE INFANTIL

A semana pasada os nen@s de infantil participamos nun taller de reciclaxe. Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas. Moitas grazas Olga por facelo tan entretido!!

AS NOSAS PORTAS!!

Como xa sabedes, estamos traballando nun proxecto sobre as abellas, e aproveitando o tema, xa cambiamos a decoración das portas das nosas clases. Mirade que bonitas nos quedaron!!



CLASE DE 3 ANOS




CLASE  DE 4 E 5 ANOS


xoves, 19 de abril de 2018

HOXE PLANTAMOS NA HORTA!

Os nenos e nenas de infantil fomos os primeiros en ir regar os nosos amorodos! e aproveitamos para por unha plantiña aromática: a Melisa. Todos colaboramos e aprendemos un montón sobre a ela. Deixámosvos unhas fotiños para compartilo con vós!

luns, 16 de abril de 2018

GALLETAS DE MEL!!

A semana pasada os nen@s de infantil comezamos un proxecto sobre as abellas. Hoxe Diego e Sofía trouxéronnos unhas riquísimas galletas de mel que fixeron coa axuda da súa mamá.
Moitas grazas Silvia pola túa axuda!!

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

VISITA ECOAGRO

Hoxe os nenos do cole de Castrelo fixemos unha visita moi didáctica aos invernadoiros de Ecoagro. Aprendemos moitas cousas e tomamos moitas notas para comezar as vindeiras semanas co noso horto... Mirade que mañá máis interesante!! Moitas grazas a toda a xente de Ecoagro por recibirnos un ano máis e en especial a Lucía pola súa paciencia e adicación.

xoves, 12 de abril de 2018

PARABÉNS SARA!!





Na clase de 3 anos, seguimos celebrando...
Hoxe Sara cumpría 4 aniños e quixo festexalo con nós, convidándonos a merendar, agradecémosllo con uns bonitos debuxos...

MOITÍSIMAS FELICIDADES  SARA!!





martes, 3 de abril de 2018

PARABÉNS MARCOS!!!

Non hai mellor forma de comezar o trimestre que con unha festa, hoxe os máis peques do  cole festexamos os catro aniños de Marcos.



PARABÉNS MARCOS!!